Barallobre é unha estación de ferrocarril de Adif situada en Barallobre, no concello de Fene. Dálle nome ao lugar da Estación. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 31,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 26 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Franza e de Perlío. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Barallobre Categoría:Fene