Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 7,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 12 metros de altitude, entre o apeadoiro de Cesantes e a estación de Redondela-AV polo sur e a estación de Pontevedra polo norte.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento

Historia En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Spanishrailway Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Arcade. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. + Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe 1 MD A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eixe atlántico de alta velocidade

Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Arcade Categoría:Soutomaior