Aguirre, der Zorn Gottes (en galego Aguirre, a ira de Deus) é unha película de 1972 do cineasta alemán Werner Herzog. Está protagonizada polo actor da mesma nacionalidade Klaus Kinski é considerada como unha das xoias do cine alemán.

O filme narra a viaxe do conquistador español Lope de Aguirre pola cunca do río Amazonas en busca da cidade de ouro dos incas coñecida como El Dorado.

A historia está baseada na figura histórica de Aguirre e en documentos da época (como o diario de viaxe de Gaspar de Carvajal) elementos con que Herzog e Kinski reconstrúen a época da chegada dos europeos a América.

A música orixinal, toda executada con mellotron e guitarra eléctrica corresponde á agrupación de rock progresivo Popol Vuh.

Personaxes Klaus Kinski como Lope de Aguirre Helena Rojo como Inés de Atienza Ruy Guerra como Don Pedro de Ursúa Del Negro como Gaspar de Carvajal Peter Berling como Don Fernando de Guzmán Cecilia Rivera como Florés de Aguirre Daniel Ades como Perucho Edward Roland como Okello Armando Polanah como Armando Alejandro Repullés como Gonzalo Pizarro Justo González como González

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua quechua Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Werner Herzog Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes ambientados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Imperio Inca Categoría:Filmes baseados en feitos reais