In flagranti delictoLópez Díaz, Xosé "delito"Dicionario galego-latino CRPIH 2010, p. 338 é unha locución latina propia da linguaxe xurídica que significa "no momento de cometer un delito". Indícase con esta expresión que se sorprendeu a alguén no momento de cometer un acto que debe ser castigado, unha acción punible. Tamén se emprega a tradución directa en flagrante (delito)" e a adaptación formal en flagrante. Hai na lingua galega varias expresións populares equivalentes á locución latina, como "coller a un nas patacas", "coller a un coas mans no allo" ou "pillar a un na figueira". A locución in fraganti co mesmo significado vén recollida nalgúns dicionarios pero é unha forma propia do castelánDíez Losada, Fernando (2004) La tribuna del idioma Editorial Tecnológica de Costa Rica, p. 300.

Notas

Categoría:Expresións latinas empregadas en Dereito