O Sportverein Werder Bremen von 1899 e. V., coñecido como Werder Bremen é un club de fútbol xermano da cidade de Bremen, na zona noroeste do estado do mesmo nome. Foi fundado en 1899 coma o FV Werder por un grupo de dezaseis estudantes.

Historia Nos seus comezos, o club obtivo bastantes éxitos, gañando un bo feixe de campionatos locais. Foron o primeiro equipo en cobrarlles ós espectadores por acudir aos encontros e tamén os primeiros en vaiar o seu campo. É no ano 1920 cando adoptan o nome actual SV Werder Bremen. Pouco despois, en 1922 convértense no primeiro equipo de Alemaña en contratar un adestrador profesional.

Coma outras organizacións de Alemaña, o club disolveuse por orde das forzas de ocupación aliadas despois da segunda guerra mundial. Puideron reconstituílo a finais de 1945 coma Gymnastics and Sport Club Werder of 1945, que axiña trocou Sport Club Green White of 1899. Por fin, a comezos de 1946 puideron reclama-lo nome SV Werder. Neses intres ós xogadores profesionais non se lles permitía xogar en Alemaña.

Entre of remate da Guerra e a formación da Bundesliga en 1963 o club era recoñecido coma o segundo máis importante do norte, tralo Hamburger SV. En 1961 gañaron o seu primeiro título da Copa de Alemaña. Así, conseguiron unha praza na primeira división da Bundesliga cando esta se formou, e ao ano seguinte xa gañaran o título de liga.

Os anos 70 foi unha época de vacas fracas para o club que culminou co descenso na tempada 1980-81. Non tardarían en volver á división de honra.

A escuadra recuperaríase baixo a dirección do adestrador Otto Rehhagel, que levou ao club o recupera-lo seu lugar coma un dos mellores clubs alemáns: Foron campións de liga en 1988 e 1993, subcampións en 1983, 1985, 1986 e 1995; na Copa foron campións en 1991 e 1994 e subcampións 1989 e 1990. En Europa fixéronse coa Recopa de Europa de Fútbol en 1992. En 1995 Rehhagel abandona o club tras unha impresionante traxectoria chea de éxitos.

Aínda que a marcha do técnico supúxolle ao club unha perda considerable, a escuadra seguiu a estar na parte alta da táboa. Gañaron a Copa en 1999 e quedaron subcampións no 2000. No ano 2004 fixeron un "dobrete" ao gaña-la liga amais da Copa.

Nestes últimos anos é un habitual da Liga de Campións.

Club Culture O Werder Bremen ten unha grande amizade co Rot-Weiss Essen, club que agora milita na 2ª división. Por outra banda, ocorre todo o contrario co Bayern Munich, co que manteñen unha forte rivalidade dende hai moitos anos. Nos últimos tempos tamén hai un forte rexeitamento ao FC Schalke 04, debido á súa política de levarse a algúns dos mellores xogadores do Werder facéndolles lucrativos contratos: Ailton, Mladen Krstajic, Frank Rost, Oliver Reck, e Fabian Ernst.

Xogadores Cadro actual Actualizado a 31 de xaneiro de 2020.

Xogadores destacados de tódalas épocas 22x20px Ailton 22x20px Richard Ackerschott 22x20px Klaus Allofs 22x20px Mario Basler 22x20px Günter Bernard 22x20px Rune Bratseth 22x20px Marco Bode 22x20px Uli Borowka 22x20px Dieter Burdenski 22x20px Dieter Eilts  22x20px Günter Hermann 22x20px Andreas Herzog 22x20px Horst-Dieter Höttges 22x20px Ivan Klasnić 22x20px Miroslav Klose 22x20px Johan Micoud 22x20px Benno Möhlmann 22x20px Frank Neubarth 22x20px Yasuhiko Okudera 22x20px Frank Ordenewitz  22x20px Uwe Reinders 22x20px Karlheinz Riedle 22x20px Wynton Rufer 22x20px Thomas Schaaf 22x20px Willi Schröder 22x20px Arnold Pico Schütz 22x20px Rudi Völler 22x20px Mirko Votava 22x20px Tim Borowski

Adestradores destacados Otto Rehhagel Thomas Schaaf

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Official team site The Abseits Guide to German Soccer Werder Bremen statistics Werder Bremen formations at football-lineups

Categoría:Equipos de fútbol de Alemaña Categoría:Estado de Bremen