Zora Neale Hurston, nada en Notasulga (Alabama), o 7 de xaneiro de 1891 e finada o 28 de xaneiro de 1960, foi unha antropóloga e escritora norteamericana.
Traxectoria Hurston naceu nunha pequena aldea de Alabama chamada Notasulga, pero a familia mudouse para Florida sendo ela era unha pícara. Estudou antropoloxía e traballou con Franz Boas e Margaret Mead. Foi unha figura destacada do Harlem Renaissance e empregou os seus coñecementos e estudos antropolóxicos para dar forma as súas novelas verbo da comunidade negra de Florida. En 1937 visitou Haití para estudar o vodú. Nos seus últimos anos tivo problemas de saúde e financeiros, feito que a levaría a vivir nunha residencia. En 1975 Alice Walker escribiu para a revista feminista Ms. o artigo "In Search of Zora Neale Hurston" reivindicando a súa figura e mais a súa reputación literaria.
Obras How It Feels to be Colored Me (1928) Jonah's Gourd Vine (1934) Mules and Men (1935) Their Eyes Were Watching God (1937). Traducido en 1993 como O seu olhar posto em Deus por Elvira Souto, publicado en Laiovento. Moses, Man of the Mountain (1939) Dust Tracks on a Road (1942) Seraph on the Suwanee (1948)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de The Zora Neale Hurston Trust
Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados no condado de Macon, Alabama Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade Howard Categoría:Alumnos do Barnard College Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana