Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio".
Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Baséase na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi. Foi o segundo filme animación da Disney logo de Snow White and the Seven Dwarfs e foi estreada orixinalmente por RKO Radio Pictures o 7 de febreiro de 1940 nas salas de cinema dos Estados Unidos. Obtivo dous premios Óscar.
Sinopse Un ancián chamado Geppetto crea unha marioneta de madeira chamada Pinocchio. O inventor desexa que Pinocchio sexa un neno de verdade. A Fada Azul fai realidade o desexo de Geppetto e dá vida ao monicreque, pero conservando o seu corpo de madeira. A fada asigna a Pepiño Grilo como conciencia de Pinocchio, para que o afaste dos problemas e o aconselle en situacións difíciles. Pepiño Grilo non é escoitado por Pinocchio, quen pasa por varios problemas para volver co seu pai Geppetto, ao reencontrarse convértese nun neno de verdade.
Personaxes Pinocchio (Dickie Jones) Jiminy Cricket - Pepiño Grilo (Cliff Edwards) Mister Geppetto - Señor Geppetto (Christian Rub) Fígaro e Cleo John Worthington Foulfellow (Walter Catlett) Gideon Stromboli (Charles Judels) The Blue Fairy - A Fada Azul (Evelyn Venable) The Coachman (Charles Judels) Lampwick (Frankie Darro) Monstro Alexander (Dickie Jones)
Características O filme foi adaptado por Aurelio Battaglia, William Cottrell, Otto Englander, Erdman Penner, Joseph Sabo, Ted Sears e Webb Smith do libro de Collodi. A produción foi supervisada por Ben Sharpsteen e Hamilton Luske, e as secuencias do filme foron dirixidas por Norman Ferguson, T. Hee, Wilfred Jackson, Jack Kinney, e Bill Roberts.
Galardóns e nomeamentos 1940: 2 Oscars: Mellor canción e banda sonora orixinal.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web oficial Ficha en Filmaffinity
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1940 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jack Kinney Categoría:Filmes dirixidos por Hamilton Luske Categoría:Filmes dirixidos por Ben Sharpsteen Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes dirixidos por Norman Ferguson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes ambientados no século XIX Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry