A páxina de Internet Patrimonio cultural galego, aloxada no dominio Patrimonio.org, era un servizo da Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, que tiña coma obxectivo categorizar o conxunto do patrimonio cultural galego.
A páxina comezou a funcionar en marzo do 2009, contando nos seus comezos con 122 fichasO Patrimonio cultural galego xúntase nunha nova páxina web sobre elementos do patrimonio cultural galego, nas que se inclúían fotografías e vídeos, xunto con datos sobre a localización, estado, grao de protección, e valores históricos e artísticos, así coma diversas rutas culturais.
Mediante un formulario en liña, podíase poñer en coñecemento da Consellería o estado de abandono ou calquera outra incidencia de interese sobre dito patrimonio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Patrimonio.org no Internet Archive
Categoría:Etnografía galega Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Sitios web en galego