A PO-532 (na provincia de Pontevedra) é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.
Percorrido
Sae da rotonda onde remata a N-541, na Avenida Loureiro Crespo de Pontevedra. No seu comezo pasa pola rúa de San Amaro, e en Marcón e Mourente pasa pola rúa de Moldes. No lugar da Ermida crúzase coa PO-542 que vai desde Bora até o nó do Pino.
Xa no concello de Ponte Caldelas, no lugar da Reigosa, está o desvío á dereita cara ao polígono industrial do Campiño, pola EP-0004. Pouco despois, tamén a man dereita, pode collerse a estrada EP-0205 cara a Xustáns. Logo de atravesar Vilarchán co cruzamento á estrada EP-0204 a Mirón, seguindo atravesado a Buchabade, Tourón co cruzamento á estrada EP-0206 a Parada e seguindo atravesado a Cuñas, chégase a Ponte Caldelas.
A vía remata na Avenida de Pontevedra. A travesía que segue cara á Lama é a PO-255, a que vira á dereita pola Avenida de Vigo é a PO-244, que vai cara a Arcade (Soutomaior), e a que vira á esquerda é a PO-234 que vai cara á Chan (Cerdedo Cotobade).
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Pontevedra Categoría:Ponte Caldelas