Peter Dennis Blandford Townshend, nado o 19 de maio de 1945 en Chiswick, Londres, é un guitarrista e compositor británico de rock coñecido principalmente polo seu traballo con The Who, considerada unha das bandas de rock máis importantes e influentes do século XX.

Townshend compuxo máis de 100 cancións para 12 dos álbums de estudio de The Who. Entre estes atópanse álbums conceptuais, as óperas rock Tommy e Quadrophenia, e discos populares como Who's Next; ademais de ducias máis que apareceron como sinxelos, cancións extra de reedicións, e temas en recompilatorios de rarezas como Odds & Sods (1974). Tamén compuxo máis dun cento de temas que apareceron nos seus álbums en solitario, ademais de jungles de radio e sintonías de televisión.

Como instrumentista, aínda que é coñecido principalmente como guitarrista, Townshend tamén toca teclados, banxo, acordeón, harmónica, ukelele, mandolina, violín, sintetizadores, baixo e batería, aprendendo a tocar todos estes instrumentos de forma autodidacta.

Discografía só Álbums de estudio Álbum Ano Selo Notas Who Came First 1972 Track Records, Decca Records Rough Mix 1977 MCA Records, Polydor Records con Ronnie Lane Empty Glass 1980 Atco Records All the Best Cowboys Have Chinese Eyes 1982 Atco Records White City: A Novel 1985 Atco Records The Iron Man: A Musical 1989 Atlantic Records Psychoderelict 1993 Atlantic Records

En vivo Deep End Live! (1986) A Benefit For Maryville Academy (1999) The Oceanic Concerts (con Raphael Rudd) (2001) Magic Bus - Live From Chicago (2004)

En vivo (lanzamentos de arquivo) Live > Sadler's Wells 2000 (2000) Live > The Empire 1998 (2000) Live > The Fillmore 1996 (2000) Live > La Jolla Playhouse 22/06/01 (2001) Live > La Jolla Playhouse 23/06/01 (2001) Live > Bam 1993 (2003) Live > Brixton Academy '85 (2004)

Recompilacións Scoop (1983) Another Scoop (1987) Coolwalkingsmoothtalkingstraightsmokingfirestoking - The Best Of Pete Townshend (1996) Lifehouse Chronicles (box set de 6 CDs) (2000) Lifehouse Elements]] (2000) Scoop 3 (2001) Scooped (2002) Anthology (vulgo Gold) (2005) The Definitive Collection (2007)

Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Personalidades do rock Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Nados en 1945