Lluís Claret, nado en Andorra la Vella en 1951, é un violonchelista andorrano.

Traxectoria Lluís Claret naceu en Andorra a Vella en 1951, fillo de pais cataláns exiliados. Aos nove anos empezou a súa educación musical na súa localidade natal. En 1964 trasladouse a Barcelona, obtivo grandes recoñecementos no Conservatorio do Liceu e comezou a traballar con Enric Casals, irmán de Pau Casals. Claret continuou os seus estudos en Francia, Italia e os Estados Unidos, tendo contacto con grandes profesores como Maurice Gendron e Radu Aldulescu.

Ao longo da súa carreira dedicouse especialmente á Música de Cámara. Gañou primeiros premios en varios concursos internacionais de prestixio. É membro fundador do Trío de Barcelona e frecuentemente colabora con músicos de renome.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Lluís Claret

Categoría:Músicos de Andorra Categoría:Violonchelistas de Andorra Categoría:Nados en Andorra la Vella Categoría:Nados en 1951 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi