O que segue recolle diversa información sobre a pegada do cultivo e consumo da pataca na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
miniatura|250px|Rama da pataca. 220px|miniatura|Patacas cocidas coa pel. Non se deben poñe-las patacas en martes e con lúa de forza -en cuarto crecente-, porque senón grelan. Tampouco se deben almacenar nun sitio onde dea a lúa porque se porán verdes.
Unha moza pode adiviña-lo nome do futuro marido deixando na ventá unha pela de pataca durante a noite de San Xoán. Á mañán estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.
Os vástagos novos da rama da pataca, aplicados en cataplasmas, alivian a dor das escordaduras dos pés ou mans, así como nas queimaduras. Tamén resulta eficaz con este mesmo fin a polpa cocida da pataca Rodríguez (1855) e Cuveiro (1876), no Diccionario de diccionarios, dirixido por Antón Santamarina (2004).. A fécula, seca e en po, alivia o proído da pel nos nenos.
O zume de pataca é lixeiramente espasmolítico e antiácido, polo que tamén se emprega na medicina tradicional contra as gastrites e úlceras.
Lis Quibén recolle a crenza, que non localiza, de que levar unha pataca crúa no peto serve para previ-la reuma Víctor Lis Quibén, 306. Tamén serve levar un allo ou unha castaña de Indias..
En Coristanco (A Coruña) celébrase desde 1980 a Festa da pataca, a terceira fin de semana de setembro.
Léxico Cadela das patacas: larva que rilla as patacas (probablemente, a larva do escaravello da pataca). Pataca: alga (Fucus serratus). O nome lle vén polas bolsas que presenta no extremo das ramas, como pequenas patacas. Pataca de ollo de perdiz: pataca redonda e de ollos vermellos Constantino García González.. Roxa das patacas: escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata).
Locucións Coller [a alguén] nas patacas: sorprender a alguén facendo algo que quería manter oculto.
Refraneiro As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro. As verzas quéroas untadas; as patacas, fariñentas e pra compango do porco, quero costelas salpresas No orixinal: berzas.. Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio non me ve-lo pelo. En xullo arder, as patacas coller Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Entre Loiro i Ventraces, patacas novas. Goberna Saturno, ano de patacas. O que queira comer patacas en San Xoán, bóteas cando o pan. O que queira comer patacas polo San Xoan, bóteas cando o pan Eladio Rodríguez González, s. v. pataca.. O que queira comer patacas por San Xoán, bóteas cando o pan. Se queres comer patacas por San Xoán, seméntaas cando o pan Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.. Val máis bocado de vaca que catro de pataca.
Cantigueiro Arroz con chícharos,/ patacas novas,/ repolo de Betanzos/ e mais cebolas. Heime de casar contigo;/ qué demoro pode ser,/ anque houbo pouco maínzo,/ pataquiñas ha de haber. Pataquiñas ao almorzo,/ pataquiñas ao xantar,/ á merenda, pataquiñas/ i á noite castaña ao lar Xaquín Lorenzo Fernández, 130.. Polo que teño probado/ o comer fai o carauter,/ despois de comer patacas/ non vin de bo xenio a naide.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980). LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RIGUEIRO, Antonio e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. ROLLAND, Eduardo: "La noche más larga", en Faro de Vigo 23.06.1991. ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.
Ligazóns externas Fotografías da Festa da Pataca de Coristanco de 2005 en Flickr Festa da pataca en Coristanco
pataca Categoría:Pataca