miniatura|Foto satélite do Xura. A cordilleira do Xura é un sistema montañoso situado ao norte dos Alpes, entre Francia e Suíza. No seu punto máis alto alcanza os 1.718 msnm.

En Francia, cobre esencialmente a rexión do Franco Condado e esténdese á rexión Ródano-Alpes, ao leste do departamento do Ain e ao noroeste do Departamento de Savoia (chaîne de l'Epine et dent du Chat). En Suíza, esténdese sobre a fronteira oeste con Francia, polos cantóns de Basilea, Soleura, Xura, Berna, Neuchâtel e Vaud. En Alemaña o Xura continua co Xura Suabo, o Xura Francón e o Xura Bávaro.

Particularidades O Xura deu o seu nome a unha era soada do noso planeta, o Xurásico. Neste período formáronse as súas montañas.

As montañas do Xura, constituídas por rocas calcarias xeralmente porosas, non poden reter a auga no seu seo. De tal forma, no Xura de Vaud, a excepción do Val de Joux, é difícil de atopar o máis insignificante manancial ou cavar un pozo para abastecerse de auga. Por conseguinte, a rexión do Xura está escasamente habitada e as súas terras utilízanse polos gandeiros do chairo como terras de pastoreo no verán. Algúns refuxios de pastores, na parte Suíza, foron reconvertidos en restaurantes típicos.

Picos máis importantes Crêt de la Neige (Ain, Francia; 1.718 m). Le Reculet (Ain, Francia; 1.717 m). Colomby de Gex (Ain, Francia; 1.688 m). Mont Tendre (Vaud, Suíza; 1.679 m). La Dôle (Vaud, Suíza; 1.677 m). Le Grand Crêt d'Eau (Ain, Francia; 1.621 m). Le Chasseron (Vaud, Suíza; 1.607 m). Le Chasseral (Berna, Suíza; 1.607 m).

Categoría:Cordilleiras de Francia Categoría:Cordilleiras de Suíza