A Rexión de Karlsruhe (en alemán: Regierungsbezirk Karlsruhe) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao noroeste do estado. A súa capital é a cidade de Karlsruhe.

Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Mittlerer Oberrhein, Unterer Neckar e Nordschwarzwald.

Ten unha área de 6919,17 km² e unha poboación de 2.738.866 habitantes (2008).

Xeografía A rexión de Karlsruhe atópase ao noroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Nordbaden.

Limita ao sur coa Rexión de Friburgo, ao oeste con Renania-Palatinado, ao norte con Hesse e ao leste coa Rexión de Stuttgart. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973. Kreise(distritos)Kreisfreie Städte(cidades independentes) Calw Enzkreis Freudenstadt Karlsruhe Neckar-Odenwald Rastatt Rhein-Neckar Baden-Baden Heidelberg Karlsruhe Mannheim Pforzheim Política Os presidentes da rexión de Karlsruhe, dende 1975, foron:

1975 - 1985: Trudpert Mülle 1986 - 1988: Adolf Bieringer 1988 - 1994: Karl Miltner 1994 - 2005: Gerlinde Hämmerle dende o 6 de xuño de 2005: Rudolf Kühner

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Karlsruhe