miniatura|dereita|250px|Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania. Gundemaro, finado en Toledo no 612, foi un monarca visigodo que reinou no reino visigodo da Península Ibérica (Hispania), Septimania e reino de Galiza (Gallaecia) entre os anos 610 e 612.
Traxectoria Tras encabezar a facción aristocrática descontenta e asasinar ao seu predecesor, Viterico, no ano 610 accede ao trono real. Desempeñara o cargo de gobernador da Septimania, o que lle permitiu sumar os apoios dos católicos e unha vez proclamado rei iniciou un período de represalias contra aqueles que se lle opuxeran.
Un conde da Septimania chamado Bulgar mantivo con Gundemaro un epistolario, Sex epistolae ad Gudamarum regem, et ad varios episcopos, recollido na Patrologia Latina de Migne e ofrece datos interesantes tanto de política interior como de política exterior do reino visigodo.
O seu curto goberno caracterizouse polas loitas contra os vascóns, que se espallaban ata o val do Ebro, e que Leovixildo tratara de sufocar infrutuosamente. Tamén iniciou un período de alianzas con reis francos merovinxios, que terminarían pouco despois coa súa morte natural segundo as crónicas (algo pouco habitual nos monarcas daquela época) en 612 na cidade de Toledo. Segundo a Chronica Regum Visigotthorum, Gundemaro reinou durante un ano, dez meses e 14 días.
miniatura|esquerda|Estatua de Gundemaro Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Reino visigodo Lista dos reis visigodos Galicia na monarquía visigoda Moeda visigoda
Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 612