Sisebuto, finado en Toledo en febreiro de 621, foi un nobre hispano, rei dos visigodos entre os anos 612 e 621. Sucedeu a Gundemaro, finado de morte natural no ano 612, e posiblemente pertencía á mesma facción do seu predecesor. A el atribúeselle a construción da igrexa de Santa Leocadia en Toledo, e que máis tarde foi sede de catro concilios relixiosos. Morreu en circunstancias estrañas, posibelmente envelenado, e foi sucedido polo seu fillo Recaredo II.
miniatura|150px|esquerda|Estatua de Sisebuto en Toledo.
Traxectoria miniatura|250px|Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania. Polas fontes sábense algunhas características persoais de Sisebuto. Desaprobaba o teatro (ao parecer era mal considerado, polo menos entre os católicos, xa que Isidoro de Sevilla tamén o desaprobaba) e nunha carta reprocha ao bispo Eusebio de Tarraco (que xa aparece como bispo no sínodo da Tarraconense de 614) o seu interese polas artes escénicas. Sabemos que nomeou bispos, porque na mesma carta na que increpaba a Eusebio, mandaba a este, como metropolitano, consagrar o portador da carta como bispo de Barcino. Opoñíase á entrada dos bispos nos mosteiros, desde cando o quixo facer Cecilio de Mentesa.
Foi un dos primeiros gobernantes en Europa en facer unha persecución aos xudeus.
Como escritor gozou de certa sona, grazas a un poema sobre as eclipses (a chamada Epistula sisebuti, coa colaboración de Isidoro de Sevilla) e á obra Vida e paixón de San Desiderio, onde narra a vida do santo galo, executado en 606 ou 607 por orde do rei Teodorico de Borgoña e da súa avoa a visigoda Brunexilda, ambos inimigos de Gundemaro e outros reis visigodos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Reino visigodo Lista dos reis visigodos Galicia na monarquía visigoda Moeda visigoda
Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 621