miniatura|dereita|Estatua de Chintila Chintila (?-639), rei dos visigodos entre os anos 636 e 639.

Foi elixido rei pola nobreza e polos bispos en 636, xa segundo as normas codificadas no canone 75 do IV Concilio de Toledo. Chintila non conseguiu relosver satisfactoriamente os problemas que aflixían o reino visigodo xa desde o tempo do seu antecesor inmediato Sisenando, polo que o seu reinado pasou á Historia como unha época de inseguridade e de inestabilidade.

Tivo que afrontar revoltas na Septimania e na Gallaecia, e, véndose incapaz de afrontalas, deixou o goberno nas mans de eclesiásticos, situación que perdurou até ao final do seu reinado.

Dedicou moi tempo aos concilios, convocando os V e VI Concilios de Toledo en xuño de 636 e de 638, respectivamente. Determinouse, entre outros asuntos, que a persoa elixida rei tería que provir da nobreza e en caso algún dos "tonsurados" nin ser de "orixe servil" ou "estranxeiros". Fixáranse penas canónicas para as conspiracións contra a coroa e estabelecer que as propiedades lexitimamente adquiridas polo rei non poderían ser confiscadas polo seu sucesor. Prohibiuse tamén aos non-católicos vivir no reino, o que provocou unha gran cantidade de conversións forzadas.

Chintila morreu en 639, de morte natural, sucedendolle Tulga.

Véxase tamén

Outros artigos

Reino visigodo Lista dos reis visigodos Galicia na monarquía visigoda Moeda visigoda

Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 639