Os Atlánticos foi unha serie galega emitida pola TVG entre os anos 2008 e 2009 en dúas tempadas que suman un total de 26 episodios. Producida por Filmanova e Continental, trátase dunha ficción que se desenvolve na ficticia vila de Vilardenós e que xira arredor á actividade dunha pequena orquestra de cinco músicos cuxo nome é o que dá título á serie. Rodouse en Pontedeume cun elenco que estivo encabezado por Xabier Deive, Xosé Barato, Sonia Méndez, Nacho Castaño, Antía Otero e Ledicia Sola. Está baseada nunha idea orixinal de Antón Reixa e Xosé Morais e dirixida por Gustavo Balza e Beatriz del Monte.
Intérpretes e personaxes Xabier Deive (Carlos) Sonia Méndez (Marta) José Barato (Xurxo) Ledicia Sola (Laura) Antía Otero (Silvia) Nacho Castaño (Iván) Alba Mesa (Carme) Santiago Romay (Brais) Sergio Bermúdez (Tano) Mar García (Paula) Manuel Manquiña (Lucio) Marita Martínez (Raquel) Laura Ponte (Dorinda) Antonio Mourelos (Martínez) Airas Bispo (Dani)
Colaboracións Carlos Blanco, Rodrigo Roel, Vicente de Souza, Ana Kiro, María Salgueiro, Pepo Suevos, Olaia Salgado.
Audiencias 1ª tempada: 146.231 espectadores (13,73%) 2ª tempada: 131.846 espectadores (13,24%)
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor serie de televisiónFilmanovaNomeado
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial TVG Axencia Audiovisual Galega AVG
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega