Schleswig-Holstein é un dos 16 Estados federados de Alemaña. É o estado máis setentrional do país e comprende a maior parte do Ducado de Holstein e o sur do Ducado de Schleswig.
Historia miniatura|esquerda|A cidade de Lübeck foi o centro da Liga Hanseática. O termo "Holstein" deriva do saxón antigo Holseta Land e referíase á tribo central das tres tribos saxoas ao norte do río Elba, Tedmarsgoi, Holstein e Sturmarii. O termo "Schleswig" vén da cidade de Schleswig. O Ducado de Schleswig foi orixinariamente parte de Dinamarca. Tanto Schleswig como Holstein pertenceron ao longo da súa historia en parte ou completamente tanto a Dinamarca como a Alemaña e mesmo foron virtualmente independentes de ambos. A excepción é que Schleswig non formou parte nunca de Alemaña ata a Segunda Guerra de Schleswig en 1864.
O nacionalismo alemán que seguiu ás guerras napoleónicas impulsou un forte movemento popular en Holstein e no sur de Schleswig para a unificación con Prusia. Este movemento foi tamén forte en Dinamarca e no norte de Schleswig reclamando a reintegración de Schleswig no reino de Dinamarca.
Tralo fin da guerra Austro-Prusiana en 1866 acordouse que o pobo do norte de Schleswig sería consultado nun referendo sobre a súa permanencia en Prusia ou volver a Dinamarca. A condición, porén, non foi cumprida. A derrota de Alemaña na primeira guerra mundial os aliados organizaron finalmente o referendo. No norte (10 de febreiro de 1920) os partidarios da unificación con Dinamarca lograron o 75% dos votos. No Schleswig central (14 de marzo de 1920) o 80% votou por Alemaña. No sur non se levou a cabo plebiscito ningún.Schwedler, Frank: Historischer Atlas Schleswig-Holstein 1867 bis 1945, Wachholtz Verlag, Neumünster O 15 de xuño de 1920 o norte de Schleswig volveu a Dinamarca. Esta fronteira foi a única das impostas no Tratado de Versalles que non foi desafiada por Adolf Hitler.
Trala segunda guerra mundial, a provincia prusiana de Schleswig-Holstein entrou na área de ocupación británica. O 23 de agosto de 1946 o goberno militar aboliu a provincia e reconstituíuna como Land separado. Debido ás migracións forzosas de alemáns entre 1944 e 1950 a poboación do estado incrementouse nun 33% (860 000 persoas).Flucht und Vertreibung en Haus der Geschichte
Xeografía Schleswig-Holstein localízase na base da península de Xutlandia entre o mar do Norte e o mar Báltico. Na parte occidental do estado as terras baixas non teñen outeiros. Xunto coas Illas Frisoas Setentrionais forma o Nationalpark Schleswig-Holsteinisches Wattenmeer, que é o maior parque nacional de Europa Central.
A costa do mar Báltico está marcada polas baías, fiordes e cantís.
División administrativa miniatura|esquerda|Distritos. Schleswig-Holstein divídese en 11 distritos, chamados Kreise:
Dithmarschen Lauenburg (oficialmente Herzogtum Lauenburg ou "Ducado de Lauenburg") Nordfriesland Ostholstein Pinneberg Plön Rendsburg-Eckernförde Schleswig-Flensburg Segeberg Steinburg Stormarn
Hai ademais catro distritos urbanos (Stadtbezirk):
KI - Kiel HL - Hansestadt ("cidade hanseática") Lübeck NMS - Neumünster FL - Flensburg
Economía Schleswig-Holstein é o estado líder na industria das enerxías renovables de Alemaña. En 2014 converteuse no primeiro estado alemán en cubrir o 100% da súa demanda de enerxía con estas enerxías (especialmente eólica, solar e de biomasa).
Notas
Categoría:Estados de Alemaña