Wamba ou Vamba,Enciclopedia Galega Universal. finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.

Traxectoria A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Wamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 km da capital) na súa honra. Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672. miniatura|Estatua de Wamba na Plaza de Oriente de Madrid. Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norteafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Alxeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.

Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Wamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.

Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Reino visigodo Galicia na monarquía visigoda Moeda visigoda

Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 687