A Rexión de Stuttgart (en alemán Regierungsbezirk Stuttgart) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao nordeste do Land. A súa capital é a cidade de Stuttgart.

Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Heilbronn-Franken, Ostwürttemberg e Stuttgart. Ten unha área de 10.558 km² e unha poboación de 4.008.583 habitantes (2008).

Xeografía A rexión de Friburgo atópase ao noroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Nordwürttemberg. Limita ao sur coa Rexión de Tubinga, ao oeste con Rexión de Karlsruhe, e ao norte e ao leste con Baviera. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973. Kreise(distritos)Kreisfreie Städte(cidades independentes) Böblingen Esslingen Göppingen Heidenheim Heilbronn Hohenlohe Ludwigsburg Main-Tauber Ostalb Rems-Murr Schwäbisch Hall Heilbronn Stuttgart

Política Os presidentes da rexión de Stuttgart, dende 1967, foron:

1967 – 1977: Friedrich Roemer 1977 – 1989: Manfred Bulling 1989 – 2007: Udo Andriof dende 2007: Johannes Schmalzl

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Stuttgart