A Rexión de Friburgo (en alemán Regierungsbezirk Freiburg) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao suroeste do Land. A súa capital é a cidade de Friburgo.

Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Hochrhein-Bodensee, Schwarzwald-Baar-Heuberg e Südlicher Oberrhein.

Ten unha área de 9.347 km² e unha poboación de 2.198.354 habitantes (2008).

Xeografía A rexión de Friburgo atópase ao suroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Suedbaden. Limita ao sur con Suíza, ao oeste con Alsacia, ao norte coa rexión de Karlsruhe e ao leste coa rexión de Tubinga. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973. Kreise(distritos)Kreisfreie Städte(cidades independentes) Breisgau-Hochschwarzwald Emmendingen Distrito de Constanza Lörrach Ortenau Rottweil Schwarzwald-Baar Tuttlingen Waldshut Friburgo

Política Os presidentes da rexión de Friburgo, dende 1967, foron:

1967 - 1979: Hermann Person 1979 - 1991: Norbert Nothelfer 1991 - 1998: Conrad Schröder 1998 - 2008: Sven von Ungern-Sternberg 2008 - 2012: Julian Würtenberger 2012 - :Bärbel Schäfer

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Friburgo