O CPI Monte Caxado é un centro público integrado situado nas Pontes de García Rodríguez.
Historia
Creouse en 1984 como centro de EXB. No ano 1999 converteuse en CPI, co que pasou a ter a Educación Secundaria Obrigatoria, e deixou de existir a fins do ano lectivo 2016-2017, distribuíndo os seus alumnos de primaria ao CEIP A Magdalena e os alumnos de ESO ao IES Moncho Valcarce. A súa oferta educativa ía dos 3 aos 16 anos, toda a etapa do segundo ciclo de Infantil e a etapa obrigatoria de Primaria e Secundaria.
Museo etnográfico O 11 de maio de 1987 inaugurouse o Museo etnográfico Monte Caxado, que ten máis de 4 000 pezas de varias épocas e procedencias. Este museo ten por obxectivo dar a coñecer os útiles, apeiros e ferramentas dos oficios, labranza, e da casa empregados antigamente, fomentando a valoración da riqueza artesanal e cultural galega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do centro
Monte Caxado Monte Caxado Categoría:As Pontes de García Rodríguez Categoría:As Pontes de García Rodríguez sen imaxes