Luís Aguirre del Río, nado en Lestrobe (Dodro) o 3 de febreiro de 1839 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1866, foi un poeta en castelán e compositor de zarzuela galego.

Traxectoria page=396|miniatura|"Ámame", Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861. A súa etapa escolar desenvolveuse en Rianxo, residencia dos seus avós paternos, ata o ano 1853, momento no que se traslada a Santiago para inicia-los estudos secundarios. No ano 1860 graduouse como bacharel en artes e matriculouse en Filosofía e en Dereito. Enfermou durante a súa estadía en Madrid e morreu en Santiago no ano 1866.

Escribiu o Diccionario del dialecto gallego, o primeiro dicionario bilingüe galego-castelán. Suponse que o escribiu mentres estudaba en Santiago de Compostela e sábese que está datado en 1858. En 1862 foi a Madrid, onde contou coa protección de Nicomedes Pastor Díaz e entregou o orixinal do seu dicionario no xornal El Alba Católica, que nunca chegou a publicalo, aínda que no ano seguinte se anunciase nun xornal galego a intención do prelo do xornal de publicalo por entregas. O dicionario, que inclúe unhas 8 000 palabras, non foi publicado até o ano 2007, cando foi editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, baixo a preparación da filóloga e profesora Carme Hermida.

Como poeta publicou a peza Himno escolar (1859) e mais o poema "Ámame" no Álbum de la Caridad (1862).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Lexicógrafos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público