O Domingo Sanguento (en ) foi un día de violencia que tivo lugar o 21 de novembro de 1920 en Dublín, durante a Guerra de Independencia Irlandesa (1919 - 1921), que provocou a morte de máis de 30 persoas.
O día comezou co asasinato de catorce dos dezaoito axentes británicos da Cuadrilla do Cairo, e os seus informadores, polo Exército Republicano Irlandés. Máis tarde nesa tarde, forzas británicas dispararon á multitude nun partido de fútbol gaélico no estadio de Croke Park no norte de Dublín, matando a 14 civís, incluído o capitán do equipo de fútbol de Tipperary, Michael Hogan. Esa mesma noite houbo tiroteos espallados polas rúas da cidade, e tres prisioneiros irlandeses no Castelo de Dublín foron asasinados polos seus captores británicos en circunstancias sospeitosas.
Antecedentes O Domingo Sanguento foi un dos acontecementos máis significativos que tivo lugar durante a Guerra de Independencia Irlandesa, que máis tarde daría lugar á formación da República Irlandesa -declarada unilateralmente- e o seu parlamento, o Dáil Éireann. O exército da república, o Exército Republicano Irlandés librou unha guerra de guerrillas contra o Royal Irish Constabulary (a policía irlandesa baixo o mando das autoridades británicas), as súas organizacións auxiliares e o Exército Británico, quen estaba encargado de acabar co separatismo irlandés.
En resposta a accións do IRA, o Goberno británico formou a grupos paramilitares para axudar ao RIC (abreviatura do Royal Irish Constabulary), coma os " Black and Tans " (traducido coma os 'Negro e caqui', un alcume xurdido das cores dos seus uniformes), e a División Auxiliar (xeralmente coñecido coma os Auxiliares ou Auxies). O comportamento de ambos grupos inmediatamente foi gran causa de polémica (un dos seus maiores críticos foi o rei Xurxo V) pola súa brutalidade e violencia, non tan só contra os sospeitosos de pertencer ao IRA, senón cara aos irlandeses en xeral. En Dublín, a guerra tomou a forma de asasinatos e represalias en calquera dos dous lados.
Os acontecementos da mañá do 21 de novembro foron un esforzo do IRA en Dublín, baixo o mando de Michael Collins e Richard Mulcahy, de destruír a organización de intelixencia británica na cidade. A policía foi a responsable das represalias británicas na tardiña do Domingo Sanguento.
O Plan de Collins miniatura|esquerda|Foto da Cuadrilla do Cairo, que subministraba información aos británicos sobre as actividades do IRA. A maior parte deles foron asasinados o Domingo Sanguento. Dende 1919, o Ministro de Economía irlandés, líder da secreta Irmandade Republicana Irlandesa e Xefe de Intelixencia do IRA Michael Collins formara unha brigada clandestina de membros do IRA en Dublín (coñecida coma The Squad), que era empregado para asasinar axentes do RIC e a oficiais de Intelixencia británicos. Para finais de 1920, a Intelixencia Británica en Dublín, establecera unha rede extensa de espías e informadores ao redor da cidade. Nesta rede estaba incluída a que era coñecida coma a ' Cuadrilla do Cairo ' (o alcume viña posto que eran clientes habituais da Cafetaría Cairo na rúa Grafton e do seu servizo en intelixencia militar británica en Exipto e Palestina durante a primeira guerra mundial)Michael Smith, The Spying Game (Victor Gollancz Ltd, 1996)Yigal Sheffy, British Military Intelligence in the Palestine Campaign, 1914–1918 (Cass Series—Studies in Intelligence, 1998, dezaoito oficiais de alta graduación británicos. Mulcahy, o xefe de persoal do IRA, describiunos coma "unha organización de espías moi perigosa e astutamente situada".Hopkinson, Irish War of Independence p. 89
En novembro de 1920, Collins ordenou o asasinato dos axentes británicos da cidade, considerando que se non facían isto, a organización do IRA na capital estaría en serio perigo. Dick McKee foi o encargado de planear a operación. Os enderezos dos axentes británicos foron descubertos mediante varias fontes, incluíndo criadas leais, conversacións descoidadas dalgúns dos británicos, e un informador do IRA no RIC (o Sarxento Mannix) que traballaba no Cuartel de Donnybrook. O 20 de novembro, os equipos de asasinato -que incluían á Squad e a membros da Brigada de Dublín do IRA- foron informados dos seus obxectivos , que consistían en 20 axentes en oito lugares diferentes de Dublín. O plan de Collins era, nun inicio, matar ó redor duns 50 oficiais de intelixencia británicos e informadores, pero a lista reduciuse a 35 pola insistencia de Cathal Brugha, o Ministro Irlandés de Defensa, baseándose en que non había probas suficientes en contra dalgúns dos nomeados.Dwyer, The Squad p. 190
O Domingo Sanguento Pola mañá Moi cedo, na mañá do 21 de novembro, os equipos de IRA montaron a operación. A maior parte dos asasinatos aconteceron dentro dunha pequena área de clase media da parte sur de Dublín, a excepción dun tiroteo no Gresham Hotel na rúa O'Connell. No número 28 da rúa Upper Pembroke Street, catro axentes foron asasinados. No 22 da rúa Lower Mount Street, un oficial británico foi asasinado e outro escapou polos pelos. O edificio foi rodeado polos Auxiliares, alertados polos disparos, e no posterior tiroteo morreron dous Auxiliares e un home de IRA, Frank Teeling, foi ferido e capturado. O futuro Taoiseach irlandés, Seán Lemass estivo implicado no asasinato do Capitán Bagely, tamén na rúa Mount Street, mentres noutros dous incidentes na mesma rúa morreron tres axentes británicos máis e unha das súas mulleres. Unha muller que estaba a piques de dar a luz, sufriu un aborto unha semana despois.Hopkinson, páx. 89-90 A tan só unhas cantas rúas de distancia, tiveron lugar máis disparos na rúa Baggot Street, na Praza Fitzwilliam, Morehampton Road e Earlsfort Terrace.Bennet, The Black and Tans, pp. 121–2
En total, 14 persoas morreron e 6 foron feridas, incluíndo a axentes sospeitosos e aqueles sen conexión coa política, e dous Auxiliares. Catro das vítimas británicas eran oficiais da intelixencia militar e outros catro eran do Servizo Secreto ou axentes do MI5. Soamente un membro da brigada de Collins foi capturado, Frank Teeling, e conseguiu escapar axiña do cárcere.Hopkinson, páx. 90 Outro home do IRA foi ferido levemente na man. Non obstante, das 35 persoas que estaban na lista de obxectivos de Collins, soamente cerca dunha terceira parte foron neutralizados. O membro do IRA e o futuro político irlandés, Todd Andrews, recordaría máis tarde, "o feito é que a maioría dos ataques do IRA fracasaron. Os homes buscados non estaban nos seus escondedoiros, ou en varios casos, os homes que os buscaban meteron a pata". Non obstante a acción aterrorizou e danou intelixencia británica en Irlanda, causando que moitos outros axentes e informadores se refuxiaran no Castelo de Dublín, e causou consternación na administración británica.
Collins xustificou os asasinatos deste xeito; "A miña única intención era a destrución do indesexables que continuaban convertendo en miserable as vidas de cidadáns decentes correntes. Teño proba abondo para garantirme as atrocidades que cometeron esta cuadrilla de espías e informadores. Se eu tivera un segundo motivo non sería maior que o que sentiría cara un réptil perigoso. Coa súa destrución o aire fíxose máis doce... Para min, a miña conciencia está limpa. Non hai ningún crime ao detectar aos espías e informadores en tempo de guerra. Destruíron sen xuízo ningún. Devolvinlles o que fixeron na súa propia moeda."Dwyer, páx. 191
Pola tarde O equipo de fútbol gaélico de Dublín, o Dublín GAA, ía xogar contra o equipo de Tipperary máis tarde nese mesmo día en Croke Park, o principal campo de fútbol gaélico da Gaelic Athletic Association. A pesar da preocupación xeral que houbo en Dublín cando se soubo o dos asasinatos, o pobo canso de guerra seguía coas súas vidas. Aproximadamente 5000 espectadores foron a Croke Park para ver o partido de fútbol de gaélico entre Dublín e Tipperary, que empezaría trinta minutos máis tarde, ás 15.15 h.
Mentres tanto, fóra do Parque, sen que a multitude se decatase, as forzas de seguridade británicas estaban a achegarse e preparáronse para atacar o partido. Un convoi de tropas entrou dende o noroeste, por Clonliffe Road, mentres un convoi de policía e Auxiliares se achegaba ao campo dende o sur. As súas ordes eran rodear o campo, vixiar as saídas, e rexistrar todos os homes do estadio. As autoridades máis tarde afirmaron que a súa intención era anunciar por megáfono que todos os homes que saísen do estadio serían rexistrados e se dispararía a todos os que saísen por outros medios. Pero por algunha razón, a policía abriu fogo cando chegou ao estadio, ás 15.25 h.
Algúns membros da policía afirmaron máis tarde que sentinelas do IRA lles dispararon primeiro, pero nunca se probou tal cousa.Dwyer p. 187; Leeson, "Death in the Afternoon", pp. 58–59 Correspondentes dos xornais Manchester Guardian e do británico Daily News entrevistaron testemuñas oculares, e concluíron que as sentinelas do IRA eran en realidade vendedores de entradas: "É o costume neste campo de fútbol que vendedores de entradas recoñecibles vendan as entradas fóra das portas, quen probablemente verían a aparición dos soldados, e naturalmente correrían dentro ante a chegada dunha ducia de camións militares. Ningún home se expón innecesariamente en Irlanda cando un camión militar pasa por diante súa."Leeson, páx. 52 Semella que a policía que nos primeiros coches do convoi saíron dos vehículos, perseguiron a estes homes polo pasadizo de entrada da porta de Canal End, entraron á forza polos tornos, e empezaron a disparar inmediatamente con rifles e revólveres. O xornal irlandés Freeman Journal comunicou que, "os espectadores foron sorprendidos por unha descarga de tiros disparados dende os tornos de entrada. Homes armados e uniformados foron vistos entrando no campo, e inmediatamente despois dos disparos tiveron lugar escenas da confusión máis salvaxe. Os espectadores fixeron unha avalancha cara o lado máis afastado do estadio, e se fixeron disparos sobre as súas cabezas e á multitude."Leeson, páx. 53
A policía seguiu disparando durante aproximadamente noventa segundos: o seu xefe, o Comandante Mills, máis tarde admitiu que os seus homes estaban "nerviosos e fora de control."Leeson, páx. 57 Algúns policías dispararon dende o terreo de xogo sobre a multitude que fuxía, mentres outros que estaban fóra do estadio, abriron fogo dende a ponte que estaba sobre a canle cara aos que tentaban escapar do estadio gabeando polos seus muros. Ao outro extremo do estadio, os soldados que estaban en Clonliffe Road sobresaltáronse primeiro polo son dos disparos, e logo pola visión da xente asustada que fuxía do campo. Cando os espectadores saían, un coche blindado que estaba na Avenida de St. James disparou as súas metralladoras sobre as cabezas da multitude, intentando detelos.
Para cando o Comandante Mills fixo que os seus homes se calmasen, a policía disparara 114 roldas de munición de rifles, ademais dunha cantidade descoñecida de munición de revólveres, sen contar 50 roldas disparadas dende as metralladoras do coche blindado que estaba fóra do estadio.Leeson, páx. 58 Sete resultaron mortos polos disparos, e cinco máis foron feridos de morte; outras dúas persoas morreron esmagadas pola multitude. Entre os mortos se atopaban Jeannie Boyle, que fora ao partido coa súa prometida coa que se ía casar cinco días máis tarde, e dous rapaces de 10 e 11 anos respectivamente. Dous futbolistas, Michael Hogan e Jim Egan, foron alcanzados polos disparos; Hogan resultou morto, pero Egan sobreviviu, xunto con outras ducias de feridos. A policía non sufriu ningunha vítima.
Cando deixaron de disparar, as forzas de seguridade rexistraron os homes que quedaban da multitude antes de deixalos ir. Os soldados atoparon un revólver: o dono dunha casa testificou que un espectador que fuxía o tirara dentro do seu xardín. Cando o campo foi desaloxado, o estadio foi rexistrado en busca de armas: segundo o comandante Mills, non se atopou nada.Leeson, páx. 63