Sir Edward William Elgar (OM, GCVO), nado nunha pequena localidade de Lower Broadheath, no condado de Worcestershire o 2 de xuño de 1857 e finado o 23 de febreiro de 1934 en Worcester, foi un compositor británico. Entre as moitas das súas obras que entraron a formar parte do repertorio clásico de concertos figuran as coñecidas Enigma Variations, as Pomp and Circumstance Marches, os concertos para violín e violonchelo, e dúas sinfonías. Tamén compuxo obras corais, entre as que cómpre sinalar The Dream of Gerontius, música de cámara e cancións. Foi nomeado Master of the King’s Musick en 1924.

Aínda que Elgar é visto con frecuencia como un compositor tipicamente inglés, a maioría das súas influencias musicais non proviñan de Inglaterra, senón da Europa continental. Víase a si mesmo como un forasteiro, non só musicalmente, senón tamén socialmente. Nos círculos musicais dominados por académicos, el era un compositor autodidacta; na Gran Bretaña protestante, o seu catolicismo era visto con receo en certos sectores; e na clasista sociedade vitoriana e eduardiana británica, era moi sensible sobre as súas orixes humildes mesmo despois de ter conseguido recoñecemento. Con todo, Elgar casou coa filla dun oficial do exército británico. Ela inspirouno tanto musical como socialmente, mais el loitou por acadar o éxito ata cumprir os corenta anos, cando tras unha serie de obras dun éxito moderado, as súas Enigma Variations (1899) fixéronse inmediatamente populares en Gran Bretaña e no estranxeiro. Ás variacións seguiulles unha obra coral, The Dream of Gerontius (1900), baseada nun texto católico que causou inquietude entre as clases dirixentes anglicanas británicas, mais converteuse, e tense mantido, nunha obra do repertorio clásico en Gran Bretaña e outros lugares.Grogan, Christopher (Novembro de 1996). «Elgar, Newman and ‘The Dream of Gerontius’». Music & Letters 77 (4): 629–632.Lewis, Geraint (setembro de 2008). «A Cathedral in Sound». gramophone.net (en inglés). p. 50. As súas seguintes composicións corais relixiosas foron ben recibidas, mais non entraron no repertorio regular.

Aos seus cincuenta anos, Elgar compuxo unha sinfonía e un concerto para violín que tiveron un grande éxito. A súa segunda sinfonía e o seu concerto para violonchelo non conseguiron popularidade entre o público de xeito inmediato, e pasaron moitos anos ata que foron incorporadas ao repertorio. Nos seus últimos anos, a música de Elgar comezou a considerarse atractiva, sobre todo para o público británico. A súa valorización permaneceu baixa durante a xeración posterior á súa morte. A súa obra comezou a revivir de xeito significativo nos anos 1960, axudada polas novas gravacións das súas obras. En anos recentes, algunhas das súas obras teñen recobrado o nivel internacional, mais a maioría segue a ser máis interpretada en Gran Bretaña que en ningún outro lugar.

Elgar foi descrito como o primeiro compositor en tomar en serio o uso do gramófono. Entre 1914 e 1925, dirixiu unha serie de gravacións das súas obras. A introdución do micrófono en 1925 posibilitou unha reprodución máis fiel do son, e Elgar fixo novas gravacións das súas principais obras orquestrais e de fragmentos de The Dream of Gerontius. Estas gravacións foron reeditadas en LP na década de 1970 e en CD na década de 1990.

Traxectoria miniatura|Casa natal de Elgar en Lower Broadheath. Primeiros anos Edward Elgar naceu na pequena vila de Lower Broadheath, nas aforas de Worcester, en Worcestershire (Inglaterra). O seu pai, Willian Henry Elgar (1821-1906), criouse en Dover e fora aprendiz dun editor musical de Londres. En 1841 William trasladouse a Worcester, onde traballou como afinador de pianos e estableceu unha tenda de partituras e instrumentos musicais.Kennedy, Michael, "Elgar, Sir Edward William, baronet (1857–1934)". Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004. En 1848 casou con Ann Greening (1822–1902), filla dun traballador agrícola.McVeagh, Diana, "Elgar, Edward". Grove Music Online. Edward foi o cuarto dos seus sete fillos. Ann Elgar convertérase ao catolicismo pouco antes do nacemento de Edward, e foi bautizado e criado como católico, coa desaprobación do seu pai. William Elgar era un violinista de nivel profesional e conseguiu o posto de organista da igrexa de San Xurxo de Worcester entre 1846 e 1885. Pola súa iniciativa foron escoitadas por primeira vez misas de Cherubini e Hummel no Three Choirs Festival pola orquestra na que el tocaba o violín.«Edward Elgar», The Musical Times, 1 de outubro de 1900, pp. 641–48 Todos os fillos de Elgar recibiron educación musical. Aos oito anos, Elgar recibiu clases de piano e violín, e o seu pai, que afinaba os pianos de moitas casas importantes de Worcestershire, ás veces levábao con el, dándolle a posibilidade de mostrar o seu talento a importantes figuras locais.

A nai de Elgar estaba interesada nas artes e incentivou o seu desenvolvemento musical. Dela herdou o seu gusto esixente para a literatura e un amor apaixonado pola campiña.Moore (1984), p. 11 e Kennedy (ODNB) O seu amigo e biógrafo W. H. «Billy» Reed escribiu que os primeiros contornos de Elgar tiveron unha influencia que «impregnaba toda a súa obra e deu a toda a súa vida unha sutil pero non menos auténtica e forte cualidade inglesa.»Reed, p. 1 Comezou a compoñer a unha idade temperá; para unha obra de teatro escrita e interpretada polos seus irmáns cando el contaba con dez anos, escribiu música que corenta anos despois rearranxou con tan só trocos menores e que sería tamén orquestrada como as suites tituladas The Wand of Youth.

Ata os quince anos, Elgar recibiu unha educación xeral nun internado en Littleton (agora Lyttleton), preto de Worcester. Non obstante, a súa única formación musical formal máis aló das clases de piano e violín de mestres locais foron os estudos máis avanzados que realizou con Adolf Pollitzer durante breves visitas a Londres en 1877–78. Elgar dixo:Citado por Kennedy (ODNB)

Traballou sobre manuais de interpretación do órgano e leu todos os libros que puido atopar sobre teoría da música. Posteriormente dixo que lle foran de grande axuda os artigos de Hubert Parry no Grove Dictionary of Music and Musicians.Reed, p. 11 Elgar comezou a aprender alemán, coa esperanza de ir ao Conservatorio de Leipzig para continuar a súa formación, mais o seu pai non podía pagarlle a estancia alí. Anos despois unha recensión en The Musical Times considerou que esta viaxe frustrada a Leipzig foi positiva para o desenvolvemento musical de Elgar: «Deste xeito o compositor que xermolaba afastouse do dogmatismo das escolas.» Non obstante, para Elgar foi decepcionante cando deixou a escola en 1872 non ir a Leipzig, senón á oficina dun avogado local como empregado. Non encontrou pracer na carreira de oficinista, e para sentirse realizado recorreu non só á música senón tamén á literatura, e converteuse nun lector voraz. En torno a esta época, Elgar fixo as súas primeiras aparicións públicas como violinista e organista.

Comezos da súa carreira musical Despois duns poucos meses, Elgar deixou o despacho do avogado para iniciar a súa carreira musical, recibindo clases de piano e violín e traballando ocasionalmente na tenda do seu pai. Foi un membro activo do Clee Club de Worcester, xunto co seu pai, e acompañou a cantantes, tocou o violín, compuxo e arranxou obras, e dirixiu por primeira vez. Pollitzer creu que, como violinista, Elgar tiña o potencial de ser un dos mellores solistas do país,«Edward Elgar», The Manchester Guardian, 24 de febreiro de 1934, p. 16 mais o propio Elgar, tendo escoitado os principais virtuosos nos concertos de Londres, sentiu que o seu propio xeito de tocar o violín carecía de matices suficientes, e abandonou as súas ambicións de ser un solista. Aos vinte e dous anos asumiu o posto de director da banda dos gardas no Worcester and County Lunatic Asylum en Powick, a 5 km de Worcester. A banda consistía en: piccolo, frauta, clarinete, dúas cornetas, bombardino, tres ou catro primeiros e un número similar de segundos violíns, viola ocasional, violonchelo, contrabaixo e piano.Young (1973), p. 47 Elgar instruíu os intérpretes e escribiu e arranxou a súa música, incluíndo cuadrillas e polcas, para a infrecuente combinación de instrumentos. The Musical Times escribiu: «Esta experiencia práctica demostrou ser de gran valor para o xove músico. […] Adquiriu un coñecemento práctico das capacidades deses instrumentos diferentes. […] Polo tanto chegou a coñecer intimamente a cor do ton, os pros e contras destes e de moitos outros instrumentos.» Ocupou o cargo durante cinco anos, dende 1879, viaxando a Powick unha vez por semana. Outro posto que ocupou nos seus primeiros anos foi o de profesor de violín no Worcester College for the Blind Sons of Gentlemen.

Aínda que máis ben solitario e introspectivo por natureza, Elgar prosperou nos círculos musicais de Worcester. Tocou nos violíns dos Festivais de Birmingham e Worcester, e unha grande experiencia para el foi tocar a Sexta sinfonía e o Stabat Mater de Dvořák baixo a dirección do propio compositor.Maine, Basil, «Elgar, Sir Edward William», Oxford Dictionary of National Biography archive, Oxford University Press, 1949. Elgar tocou o fagot regularmente nun quinteto de vento, xunto co seu irmán Frank, un oboísta (e director de orquestra que dirixía a súa propia banda de música). Elgar arranxou numerosas pezas de Mozart, Beethoven, Haydn, e outros para o quinteto, perfeccionando as súas habilidades para facer arranxos e para compoñer.

Nas súas primeiras viaxes ao estranxeiro, Elgar visitou París en 1880 e Leipzig en 1882. Escoitou a Saint-Saëns tocar o órgano na Madeleine e asistiu a concertos de orquestras de primeiro nivel. En 1882 escribiu:

En Leipzig visitou unha amiga, Helen Weaver, que era unha estudante do Conservatorio. No verán de 1883 comprometéronse, mais por motivos descoñecidos o compromiso rompeuse ao ano seguinte. Elgar aflixiuse moito, e algunhas das súas dedicatorias crípticas posteriores de música romántica poden facer alusión a Helen e aos seus sentimentos por ela. En 1887, tres anos despois de romper o seu compromiso, Elgar compuxo un pequeno Dueto para trombón e contrabaixo como regalo de vodas para o irmán de Helen, Frank Weaver, zapateiro e contrabaixista afeccionado.Hellen (2012), p. 72 Ao longo da súa vida, Elgar foi frecuentemente inspirado por amigas próximas; Helen Weaver foi sucedida por Mary Lygon, Dora Penny, Julia Worthington, Alice Stuart Wortley e finalmente Vera Hockman, que animou a súa vellez.

En 1883, como membro habitual da orquestra para a tempada invernal de concertos de W. C. Stockley en Birmingham, Elgar participou nunha interpretación dunha das súas primeiras obras para orquestra completa, a Sérénade mauresque. Stockley invitárao para dirixir a obra, mais, como Stockley posteriormente declarou:Citado en «Edward Elgar», The Musical Times, 1 de outubro de 1900, pp. 641–48

Frecuentemente ía a Londres nun intento por publicar as súas obras, mais esta época da súa vida encontrouse frecuentemente abatido e con carencias económicas. Escribiu a un amigo en abril de 1884:Kennedy (1987), p. 15.

Durante varios anos foi asistente do seu pai, William Elgar, como organista de San Xurxo de Worcester, e sucedeuno durante catro anos dende 1885. Durante este período escribiu as súas primeiras obras litúrxicas seguindo a tradición católica, comezando cos seus tres motetes Op. 2 (1887) para coro a catro partes (Ave Verum Corpus, Ave Maria e Ave Maris Stella), e seguido por un arranxo de Ecce sacerdos magnus para a entrada do bispo nunha visita oficial a San Xurxo en 1888; os catro permanecen no repertorio coral eclesiástico.

Matrimonio miniatura|upright|alt=Nineteenth century photograph of a man in his 30s and a middle-aged woman standing side by side. He has a large moustache, and is looking at the woman; she is looking straight at the camera.|Edward e Alice Elgar, c. 1891