Ígor Lugrís Álvarez, nado en Melide en 1971, é un escritor e artista plástico galego, bisneto de Manuel Lugrís Freire, sobriño-neto de Urbano Lugrís González, sobriño de Ramón Lugrís Pérez e irmán do profesor da Universidade de Vigo, filólogo e tradutor Alberto Álvarez Lugrís.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi segundo premio de narrativa da Comisión Cultural de Filoloxía, na súa primeira edición, co relato "Plomo" (publicado baixo o alcume de Fermín Guevara). Tamén foi membro do consello de redacción da revista Ólisbos, os amantes da palabra. En 1992 presentouse co relato "Era un home" ao III Certame de relato curto, organizado pola Asociación Cultural "Cidade Vella", xunto a Belén Eguía González, Pablo Hermida Lazcano, Santiago Xosé Bacariza Cortiñas e Roberto Duro Vilharaviz, entre outros, sendo os seus relatos publicados nunha escolma titulada "Muralla de Crescónio".

En 1997 editou en Letras de Cal o seu primeiro poemario, "Quen nos defende a nós dos idiotas?" , que obtén unha boa acollida.

Durante pouco tempo, desde xullo de 1998, ao carón dun negocio local que rexentou en Santiago de Compostela na rúa da Algalia de Abaixo 21, editou a folla voandeira Artefacto BurburO primeiro número (impreso por unha soa cara) é de xullo de 1998, e o segundo (dobre páxina) de outubro do mesmo ano., boletín informativo de cultura alternativa na cidade.

En 1999 presentou a súa candidatura a concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais, no 14º posto da lista do BNG. Aínda que non acadou a acta de concelleiro, a candidatura obtivo os mellores resultados do partido nacionalista dentro dos dez primeiros períodos electorais da Democracia do 78.

No 2001, debido ás dificultades sectoriais da edición, auto-editou baixo o nome de Artefacto Editorial o seu segundo libro de poemas, "Mongólia: umha entidade estatal rugosóide", ilustrado por Baldo Ramos. Ao dicir de María do Cebreiro, ao falar das edicións de autor, «Ígor Lugrís (...) sustenta o seu pulo político e poético no uso da alegoría nacional, recurso que, desde outros presupostos, fora empregado tamén por Carlos Negro en Far-West. Neste poemario, moi efectivo na súa lectura pública, o desprazamento dos referentes xeoculturais actúa como instancia de lexitimación e estetización irónica dun discurso que, sen ser enmascarado parcialmente, podería esvarar cara ó prosaismo».

A partir de mediados da primeira década do século XXI, comezou a desenvolver a idea de converter o poema nun obxecto plástico que se poida ao mesmo tempo ver e ler, recitar e expoñer. Como consecuencia dista idea organizou e expuxo a mostra Poesía Para Ver / Poesía Para LerCartel con fotos da exposición en Flickr, que levou a Salvaterra de Miño (desde o 4 de setembro de 2008, dentro do Festival da Poesía no Condado) , Ponteareas, Santiago de Compostela (do 27 de novembro ao 27 de decembro de 2008), Ferrol (do 6 de febreiro ao 28 de febreiro de 2009) , Cabañas Raras e Ponferrada (do 24 de abril ao 24 de maio de 2009) . Desde maio de 2009 escribe no blog Ovnis e isoglossas, baixo o lema «defende a cultura: cópia todo o que saibas, todo o que poidas, todo o que queiras».

No 2009, o dúo musical galego Fanny + Alexander publicou no seu álbum Alfaias o tema "Artefacto Burbur""Artefacto Burbur", de Fanny + Alexander, en Youtube, coa letra dun poema homónimo publicado por Lugrís en Quen nos defende a nós dos idiotas?. En 2016 publicou en Através Editoria o libro de poemas Curso de Linguística Geral, que foi finalista do Prémio Literário Glória de Sant’Anna, outorgado anualmente na localidade portuguesa de Válega.

Desde o 2003 reside no Bierzo .

Obras Poesía Quen nos defende a nós dos idiotas?, 1997, Letras de Cal. Mongólia. Umha entidade estatal rugosóide, 2001, Artefacto Editorial, Santiago de CompostelaRecensión en . O livro das confusons, 2006, publicado en Internet. Curso de Linguística Geral, 2016, Através. Alguns poemas nom publicados em livro individual e/ou inéditos (inédito, publicado en Internet).Alguns poemas nom publicados em livro individual e/ou inéditos na AELG A magnitude da maisvalia (inédito, publicado en Internet).A magnitude da maisvalia na AELG 55 minutos de silêncio (inédito, publicado en Internet)55 minutos de silêncio na AELG

Obras colectivas Muralla de Crescónio. III Certame de relato curto Asociación Cultural "Cidade Vella", 1992; Santiago de Compostela, Asociación Cultural "Cidade Vella". Vis á Vis. Trinta e seis poemas e unha idea, 1997; Santiago de Compostela, Grupo de Apoio a Elías e Ramiro. Bestiario, 1998; Edicións do Dragón. dEfecto 2000, 1999; Letras de Cal.dEfecto 2000 en culturagalega.org O entrelazo das palabras, 1999; BNG de Compostela. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006; Difusora de Artes e Letras. A Coruña á luz das letras, 2008; Trifolium. XXII Festival da Poesia no Condado: Galiza Nom se Vende!!!, 2008; S.C.D. Condado. 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015; Arredista Edicións. Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).

Notas

Bibliografía

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor Galería da exposición Poesía para Ver/Poesía para Ler Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Melide Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela