Stian Arnesen, máis coñecido como Nagash ou Lex Icon (Hamar, 7 de maio de 1978) é un músico de black metal noruegués. É vocalista e toca a guitarra, o baixo, a batería e o sintetizador en distintos grupos.

Traxectoria Nagash nace en Hamar (Noruega) en 1978. En 1992 (con 14 anos), xunto con Fafnir e Glaurung, comeza a escribir música para un proxecto chamado Troll. Fafnir e Glaurung deixan pronto a banda, pero Nagash continúa o proxecto en solitario, tocando a guitarra e o teclado.

Un ano máis tarde funda outra banda chamada Covenant con Blackheart (agora coñecido como Psy Coma). Logo de sacar dous álbums, In Times Before the Light e Nexus Polaris, a banda ten que cambiar de nome, xa que existía unha banda en Suecia co nome de Covenant, polo que o trocan a The Kovenant.

A pouco foi gañando reputación na escena do black metal, que despois sería o baixista de Dimmu Borgir en 1996. En 1999 sae de Dimmu Borgir e concéntrase en The Kovenant, ao mesmo tempo cambia o estilo musical da banda, de black metal a black metal industrial.

En 2004, coñecido polo nome de Lex Icon, forma equipo con Shagrath nunha nova banda de heavy metal chamada Chrome Division, na que toca a batería. Lex termina saíndo de Chrome Division e dedícase ao traballo do seu novo disco con The Kovenant.

A primeiros de 2008, recruta unha nova banda para afrontar o seu vello proxecto Troll. Actualmente atópase gravando un novo álbum para este grupo.

Ligazóns externas Biografía dos membros de Dimmu Borgir - Sitio oficial Entrevista con Lex Icon en MetalKings.com Chrome Division - Biografía na páxina oficial

Arnesen, Stian Arnesen, Stian Categoría:Nados no condado de Innlandet Categoría:Nados en 1978