thumb|O castelo de Trim O condado de Meath (en gaélico irlandés An Mhí) é un condado da provincia de Leinster (República de Irlanda). Aínda que a capital é Navan, a cidade máis importante historicamente é Trim. O seu nome provén do antigo Reino de Mide.

Xeografía O condado está bañado polo río Boyne.

Meath é o décimo cuarto maior condados dos trinta e dous que ten Irlanda, de acordo á súa área, e o noveno atendendo a súa poboación. É o segundo maior dos doce condados de Leinster por tamaño e o terceiro por poboación. A county town é Navan, onde se atopa a sede do goberno do condado, aínda que Trim, a ex-county town, ten gran significado histórico e hoxe en día ten o Tribunal de Círculo.Tribunal de Círculo é unha tradución de Circuit Court O condado de Meath ten as dúas únicas Gaeltacht da provincia de Leinster, en Ráth Cairn e Baile Ghib.

Poboacións

Athboy Ashbourne Ballinabrackey Ballivor Batterstown Bective Bellewstown Bettystown Carnaross Castletown Clonard Clonee Curragha Cushenstown Donore Drumconrath Duleek Dunboyne Dunderry Dunsany Dunshaughlin Enfield Gormanston Johnstown Julianstown Kells Kilbride Kildalkey Kentstown Killeen Kilmessan Kinnegad Laytown Lobinstown Longwood Mornington Moynalty Mulhussey Navan Newtown Nobber Oldcastle Rathmolyon Rathbran Ratoath Skryne Slane Stamullen Summerhill Trim

Historia O condado é coloquialmente coñecido polo alcume do "Condado Real" debido á súa historia como casa do Gran rei de Irlanda. Formaba parte do leste do Reino de Mide, que contiña todo o actual condado, todo o condado de Westmeath e partes dos condados de Cavan, Longford, Louth, Offaly, Dublín e Kildare. A sede do Gran Rei estaba en Tara. No nordeste do condado atópase o complexo arqueolóxico de Brú na Bóinne, que ten uns cinco mil anos e inclúe os xacementos funerarios de Newgrange, Knowth e Dowth. É un Patrimonio da Humanidade designado pola UNESCO desde 1993.

Notas

Véxase tamén

Meath Meath