miniatura|left|Edificios en Singapur. Singapur posúe unha economía altamente desenvolvida e exitosa. É unha economía de mercado aberta e libre de corrupción cun PIB per cápita igual ao dos países máis ricos de Europa. A economía depende principalmente das exportacións, particularmente as do sector electrónico, farmacéutico, e industrial, ademais dun sector de servizos en crecemento.
A economía creceu unha media do 7% anual entre 2004 e 2007, pero soamente 1,2% en 2008 e caeu 1% o 2009 como resultado da crise financeira global. Xa o 2010 creceu 14,8%, e o 2011 4,9%, como resultado da recuperación das exportacións.
O goberno de Singapur promove niveis elevados de aforro e investimento a través de políticas como a do Central Provident Fund, que é un fondo utilizado para manter o as necesidades do sistema de saúde e xubilación da poboación. Os niveis de aforro en Singapur son os máis altos do mundo desde os anos 1970.. A maioría das compañías en Singapur son rexistradas como de responsabilidade limitada. Unha compañía de responsabilidade limitada en Singapur é unha entidade separada, e os accionistas son responsábeis polas débedas da empresa só ata o límite da súa participación no capital.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda de Singapur
Categoría:Economía de Singapur