miniatura|180px|Vidro moldeado dobre Un vidro moldeado é unha peza de vidro translúcido, que pode ser macizo ou oco, que se obtén por prensado dunha masa fundida de vidro nuns moldes dos que toman a súa forma. Empréganse para a formación de tabiques translúcidos montados sobre formigón armado, tanto en forxados e paramentos verticais. Ten propiedades de illamento térmico, atenuación acústica e boa resistencia ao fogo.

Os moldeados poden ser: Sinxelos: formados dun so elemento. Dobres: formados por dous elementos independentes que, soldados entre si, dá lugar a unha soa peza con cámara de aire.

Categoría:Vidro Categoría:Materiais de construción