Utsunomiya (宇都宮市, うつのみやし, Utsunomiya-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón e a capital da súa prefectura. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 416,84 km² de superficie, unha poboación de 508.679 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.220 h/km².
O concello de Utsunomiya limita cos concellos de Mibu, Kanuma, Nikkō, Shioya, Sakura, Takanezawa, Haga, Mooka, Kaminokawa e de Simotsuke.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Utsunomiya . Sitio web oficial da cidade de Utsunomiya (noutras linguas).
Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón