Odón E. Luís Abad Flores, nado en Puerto Tarafa (Camagüey, Cuba) o 18 de novembro de 1929 e finado o 26 de maio de 2016Pasamento do Académico D. Odón Luis Abad Flores , Real Academia Galega de Ciencias, 31 de maio de 2016, foi un profesor, escritor e enxeñeiro agrónomo galego. Desde 1932 residía en Galicia.
Traxectoria
Fillo da emigración, acadou o título de Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Escuela Superior Técnica de Ingenieros Agrónomos de Madrid en 1960. Nesa escola fundou a revista Agro.Galicia Dixital. GalegosO vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, logo de presidir a Xunta de Goberno da Deputación, informou na tradicional rolda de prensa posterior, fóra dos asuntos da orde do día, que a Área de Cultura da Deputación "vai recuperar a primeira publicación do poema Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra que se publicou en 1972", segundo lembrou Antón Bao, no número 3, páxina 63, da revista Fronte e Cocote, da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo. Antón Bao (...), lembrou a historia da primeira edición deste poema que a Área de Cultura recuperou e distribuirá franqueada por unha orla con debuxos de Castelao. O director da publicación era o enxeñeiro agrónomo e profesor Odón Luís Abad Flores, o subdirector o veterinario e profesor Leoncio Cadórniga Carro e o xefe de redacción o alumno Adolfo de Abel Vilela. A Letanía, segundo lembrou Bao, foi prohibida en tres ocasións pola censura, nunha delas aparecía na cuberta dun disco. Foi o colaborador da revista Xesús Alonso Montero, que era veciño de Abad Flores, o que propuxo a publicación. Decidiuse facer unha orla reproducindo debuxos de Castelao tomados do Álbum Nós que fotografou o que era alumno Miguel Ángel Montero Vaz, dun exemplar que tiña na súa casa Abad Flores. Debuxou a orla por encargo de Adolfo de Abel o pintor Luís Gómez Pacios. Deputación Provincial de Lugo Nese mesmo ano incorpórase ao Servizo Nacional de Concentración Parcelaria Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995 páx. 17 na Coruña, pasando a ser, en 1963, o primeiro enxeñeiro-xefe provincial de dito organismo en Lugo, ao mesmo tempo que subdirector e profesor de Fitotecnia e Motores e Máquinas da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo desde su fundación até 1971; nesa escola fundou a revista Fronte e Cocote, dirixindo os seus primeiros números. En 1972 foi designado inspector rexional en Galicia do recentemente creado Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (IRYDA, nas súas siglas en castelán), até 1984, en que foi nomeado director xeral de Planificación e Desenvolvemento Agrario da Xunta de Galicia, até 1986.Decreto de nomeamento e de cese
Dedicou toda a súa vida ao estudo da agricultura galega. Desenvolveu a súa actividade profesional realizando ou dirixindo a concentración parcelaria de máis de dez mil hectáreas e a execución de máis de cinco mil quilómetros de camiños e estradas rurais. Colaborou tamén no proceso de electrificación rural do Instituto Nacional de Colonización (INC).
Publicou varios libros e numerosos traballos científicos e literarios (Estampas do meu amigo Pepiño, Los Cinco Traperos, Década de Fermín, Una opción para la reforma agraria de Galicia, Complemento al Catón galego de Ben Cho Sey etc.Un exemplo de conto: Porco. Véxase en Galicia Dixital) e artigos na prensa diaria e especializada, e pronunciou innumerábeis conferencias sobre ecoloxía, residuos urbanos sólidos, enerxías alternativas, novas tecnoloxías, xenética de poboacións e alimentos transxénicos. Durante catro anos tivo o seu cargo as páxinas agrarias de La Voz de Galicia, e formou parte de varias comisións e organismos relacionados coa política agraria de Galicia. Nos seus escritos adoita usar os pseudónimos Dabades, Pau de Vimbio, Garabolos ou O cabalo de diante.
Foi socio fundador de FEROGASA, redactor do seu proxecto de execución e director do seu consello de administración no período 1996 - 1997.
Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Na sección Ciencias afíns. Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. e da Real Academia de Ciencias de Galicia, desde 1982 Na Academia Galega de Ciencias ingresou co discurso Home e técnica, e membro numerario do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses desde 1984 Ingresou co discurso Sobre la Academia de Agricultura de La Coruña, lido o 18 de decembro de 1984, e publicado polo Instituto en 1988. . Ademais formou parte da Association Général des Hygienistes et Techniciens Municupaux (1989 - 1999).
Obras principais Introdución á economía galega de hoxe, 1969. Con Mario Orjales Pita et al. Una opción para la reforma agraria de Galicia A reforma agraria do minifundio Máquinas e trebellos pra labrar a terra: complemento agrícola ó catón galego. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1970 Estampas do meu amigo Pepiño. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1980. Ilust. do autor, limiar de Isaac Díaz Pardo. ISBN 84-7492-024-8 A cousa agraria no Estatuto de Autonomía. Vigo: Galaxia, 1980
Distincións Premio "Pérez Lugín" (1951), da Asociación de la Prensa de La Coruña polo seu traballo Galicia a través de los personajes de Emilia Pardo Bazán. Oficial da Orde Civil do Mérito Agrícola.Diario ABC de Madrid Premio "Fernández Latorre" (1964) polo seu artígoo O grao de corvo, un dos contos que forman parte do libro Estampas do meu amigo Pepiño.Fundación Fernández Latorre. Inclúe unha breve descrición do artigo-conto e mais unha caricatura de Siro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, tomo 1. Santiago/Gijón: Silverio Cañada, 1974. ISBN 84-7286-030-2.
Ligazóns externas Galicia Dixital. Galegos.
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na provincia de Camagüey Categoría:Nados en 1929 Categoría:Enxeñeiros agrónomos Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Finados en 2016