Avelino Abuín González, chamado Abuín de Tembra, nado en Imo (Dodro) en 1931 e finado en Santiago de Compostela o 2 de marzo de 2009, foi un escritor galego.
Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas. Comprometido coa cultura e coa lingua galegas foi un gran dinamizador cultural.
Foi redactor xefe de La Voz de Breogán de Lisboa entre 1957 e 1958. Foi o creador e impulsor dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), antecesores dos premios Minerva-Peleteiro, e dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966), no colexio Manuel Peleteiro de Santiago, onde impartía clases de literatura española.
Fundador, xunto con outros intelectuais do Padroado do Pedrón de Ouro en 1964, que viría a ser distinguida posteriormente coma Fundación de Interese Galego, ostentando o cargo de presidente no ano 1996.
Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965. Promoveu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome do poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima. Creou e promoveu a Ruta Rosaliana.
Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.
Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.
Recoñecementos miniatura|260px|Local sociocultural Avelino Abuín de Tembra en Imo. No ano 2019 inaugurouse un local sociocultural en Imo que leva o seu nome trala remodelación da antiga escola unitaria de Imo.
Obras Poesía Camiños, 1961, Atlas, Santiago de Compostela. Home ao pairo, 1974, Abrente, Santiago de Compostela. Roldas de Compostela, 1983, Ediciós do Castro.
Ensaio Ruta Rosaliana, 1984. Rosalía, biografía do centenario, 1985. Rosalía, 1987, Padroádego Rosalía de Castro.
Edicións En las orillas del Sar de Rosalía, 1984, Padroádego Rosalía de Castro. Obras completas de Rosalía, 1992. Luís Aguirre. Poesía completa, 2007, 3C3. Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2007, Fundación Rosalía de Castro.
Prólogos E segues a tirarme das entrañas, de Miguel Anxo Mouriño, 1997.
Obras colectivas Grandeza e decadencia do Palacio de Lestrove, 2012, Pousadas de Compostela.
Premios Premio Cidade de Carballo (1979). Premio Galicia de Poesía (1981). Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago (1981), por Roldas de Compostela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas Abuín de Tembra adail do idioma galego (2011). Diario de Arousa. Avelino Abuín de Tembra en galiciadigital
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela