Shimotsuke (下野市, しもつけし, Shimotsuke-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao sur da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 74,58 km² de superficie, unha poboación de 59.219 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 794 h/km².
A cidade de Shimotsuke foi fundada após a fusión de dous concellos de vilas do distrito de Shimotsuga (Kokubunnji e Ishibashi) e un concello do distrito de Kawachi (Minamikawachi) no ano 2006.
O concello de Shimotsuke limita cos concellos de Mibu, Tochigi, Oyama, Mooka e Utsunomiya.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shimotsuke .
Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón