KRunner é o lanzador de aplicacións do ambiente de escritorio KDE4.
Funcionalidades KRunner permite buscar e abrir ficheiros e aplicacións. Asemade, pode usarse para operacións máis xenéricas, coma de calculadora ou de conversor de unidades.
A aplicación permite o inicio rápido doutros programas, así como de marcadores do Konqueror ou de ficheiros e cartafoles abertos recentemente (incluídas páxinas web visitadas). Tamén pode usarse coma consola (para introducir comandos), para introducir un URL ou facer buscas rápidas en Google ou na Wikipedia, para mandar un correo electrónico a un contacto, para xestionar a enerxía do sistema, conta cunha interface orientada a comandos e outra pensada para tarefas, e a interface conta cun un acceso ao xestor de procesos do sistema.
Na seguinte versión de KDE, a 4.3, KRunner cambiará lixeiramente o modo en que amosa a información, en entre as súas novidades estará a busca de música en Amarok.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Katapult Quicksilver Gnome Do KDE (Lista de programas de KDE)
Categoría:Software libre