Cal é unha longametraxe británica de 1984 dirixida por Pat O'Connor. A película está baseada nunha novela de Bernard MacLaverty, de título homónimo, que foi quen lle escribiu o guión á película. Foi filmada entre Drogheda e Navan, no condado irlandés de Louth e a banda sonora está interpretada polo escocés Mark Knopfler.
Argumento Cal (John Lynch) é un mozo católico que pertence ao IRA na década dos 1970 en Irlanda do Norte. Durante o asasinato dun membro da Royal Ulster Constabulary (Policía Real do Ulster) participou pilotando o auto cara ao lugar dos feitos e fóra deles.
Un ano despois, Cal coñecerá a viúva da vítima, Marcella (Helen Mirren), unha muller católica coa que estreitará amizades.
Elenco e personaxes Helen Mirren (Marcella) John Lynch (Cal) Donal McCann (Shamie) Ray McAnally (Cyril Dunlop) John Kavanagh (Skeffington) Stevan Rimkus (Crilly) Catherine Gibson(Mrs. Morton) Louis Rolston (Dermot Ryan) Tom Hickey (Sacerdote) Gerard Mannix Flynn (Arty) Seamus Forde (Mr. Morton) Edward Byrne (Skeffington Sr.) J.J. Murphy (Home na biblioteca) Audrey Johnson (Luc) Brian Munn (Robert Morton)
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Pat O'Connor Categoría:Filmes sobre o IRA Categoría:Filmes ambientados en Belfast