Poitou-Charentes (en occitano: Peitau Charantas, en poitevino-santoñés: Poetou-Chérentes) é unha antiga rexión administrativa francesa, situada cara ao oeste da Francia metropolitana. A súa capital era a cidade de Poitiers, e agrupaba os departamentos de Charente, Charente Marítimo, Deux-Sèvres e Vienne.

A raíz da reforma territorial de 2014 fusionouse coas rexións Aquitania e Lemosín para formar Nova-Aquitania.

Notas

Categoría:Poitou-Charentes