Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

Historia A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino. Grazas a estes resultados a coalición tamén conseguiu dous deputados provinciais. Á parte da alcaldía da Coruña, UG tamén conseguiu as de Cambados, Narón, Rairiz de Veiga, Redondela, As Pontes de García Rodríguez, Touro, Vilaboa e Malpica de Bergantiños.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980, tras o abandono da mesma polo Partido Galeguista.miniatura|Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas Eleccións xerais de 1979.|alt=|253x253px

Eleccións ElecciónsVotos%Deputados/concelleirosAlcaldesEleccións xerais de 197958.3915,35%0 / 350 -Eleccións municipais de 197968.7596,35%141 / 4,0729 / 312

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Partidos nacionalistas galegos