Huang Xianfan (en chinés tradicional: 黄現璠; en chinés simplificado: 黄现璠; en pinyin: Huáng Xiànfán), nado en Fusui (Guangxi) o 13 de novembro de 1899 e finado en Guilin (Guangxi) o 18 de xaneiro de 1982 foi un historiador chinés, dos máximos representantes dos estudos zhuang (en chinés tradicional: 壯學; en chinés simplificado: 壮学; en pinyin: Zhuàngxué) na China do século XX. A súa obra máis importante é Zhuangzu tongshi (en ).

Traxectoria Naceu nunha familia humilde nunha aldea de Fusui, quedou orfo de pai aos dous anos e a súa nai morreu cando el tiña doce. O seu primeiro nome foi Gan Jinying (en chinés tradicional: 甘錦英; en chinés simplificado: 甘锦英; en pinyin: Gān Jǐnyīng) máis tarde modificado para Huang Xianfan. En 1922 entrou na Escola local de Nanning para estudar historia, xeografía e inglés. Entre 1926 e 1935 foi estudante no departamento de historia na Universidade de Beijing. En 1935 obtivo unha bolsa do goberno para estudar historia oriental na Universidade de Tokyo, no Xapón. En 1937 volveu á China e atopou traballo como profesor de escola en Nanning. Entre 1938 e 1940 foi conferenciante na Universidade de Guangxi, en 1940 foi nomeado mestre asociado. En 1941 foi nomeado mestre de historia na Sun Yatsen Universidade de Guangdong, tornándose o primeiro mestre de etnia zhuang.(chinés:primeiro mestre Zhuang:Huang Xianfan) Dende entón, seguiu a traballar na universidade ata a morte de 1982.

Obras

Historia Xeral da China, tres-volumes, Beijing,1932-1934. Historia dos liceos estranxeiros, dous-volumes, Beijing,1933. Os agricultores que viven na dinastía Yuan, Beijing,1934. Sociedade da dinastía Tang,Shanghai,1936. A Historia sociedade da dinastía Shang chinés, Guilin,1950. A historia da sociedade feudal na China, Guilin,1952. Unha breve historia dos Zhuang, Nanning,1957 Historia xeral dos Zhuang, Publicado tras a súa morte, Nanning,1988.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dictionary of Modern Chinese Names. Tokyo:Japanese Kazankai Foundation, 1966, 1972, 1982 e 1986 edition.

ZHONG GUO REN MING DA CI DIAN. Shanghai: Shanghai Lexicographical Press, 1992.p. 1861. Chinese Dictionary of Contemporary Culture Celebrities. Beijing: Chinese Radio Television Press, 1992. p. 519. Dictionary of Chinese Education. Shanghai:Shanghai Education Press, 1998. p. 1450. Dictionary of Chinese Ethnic Culture. Beijing: Ethnic Press, 1999. p. 143-144, Volumes of middlesouth and southeast region.

Categoría:Historia da China Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados na China