Rubén Blades Bellido de Luna, nado en Cidade de Panamá, Panamá, o 16 de xullo de 1948, é un cantante, compositor, músico, actor, avogado e político panameño que desenvolveu a meirande parte da súa carreira nos Estados Unidos. Destaca sobre todas a súa faceta como intérprete do xénero musical coñecido como salsa.

Traxectoria

Dende o década de 1970 até a actualidade gravou máis de vinte álbums e participou como convidado en máis de 15 gravacións con artistas de diversos xéneros e tendencias. En recoñecemento ao seu labor recibiu seis premios Grammy. Por outra banda, participou como actor en diferentes producións tanto de Hollywood como de cinema independente. Viviu en Panamá durante as ditaduras militares tanto de Omar Torrijos (1968-1981) coma de Manuel Antonio Noriega (1981-1989). Nalgunhas das súas letras, como na de "Desapariciones", Blades aproveita para denunciar este tipo de réximes totalitarios. Xa en 1994 participou nas eleccións presidenciais do seu país, nas que acadou o terceiro lugar en número de votos, cunha porcentaxe ao redor do 20%, de entre máis dunha decena de candidatos. Actualmente participa no goberno do seu país como ministro de turismo. Vida familiar

A súa avoa materna, Carmen Caramés, é de Ourense, emigrada a Cuba.

Discografía Con Pete Rodríguez From Panama to New York (Fania, 1970).

Con Ray Barretto Barretto (Fania, 1975).

Coa Fania All-Stars Los muchachos de Belén" en Tributo a Tito Rodríguez (Fania, 1976). Juan Pachanga" en Rhythm Machine (Columbia, 1977). Sin tu cariño" en Spanish Fever (CBS, 1978). Prepara" en Cross Over (CBS, 1979). Juan Pachanga" en Habana Jam (Fania, 1979). La palabra adiós" en Commitment (FNA, 1980). El Malo" en Commitment (FNA, 2765).

Con Willie Colón Metiendo mano (Fania, 1977) Siembra (Fania, 1978) Canciones del Solar de los Aburridos (Fania, 1981) The Last Fight (Música Latina, 1982) Tras la tormenta (Sony, 1995)

En solitario Maestra vida (primeira parte) (Fania, 1980). Maestra vida (segunda parte) (Fania, 1980). El que la hace la paga (Fania, 1983). Buscando América (Elektra, 1984). Mucho mejor (Fania, 1984). Escenas (Elektra, 1985). Agua de luna (Elektra, 1987). Doble filo (Fania, 1987). With Strings (Fania, 1988). Nothing but the Truth (Elektra, 1988). Antecedente (Elektra, 1988). Caminando (CBS, 1991). Amor y control (CBS, 1992). La rosa de los vientos (Sony, 1996). Tiempos (Sony, 1999). Colaboración creativa de Editus Ensamble. Mundo (Sony, 2002). Colaboración creativa de Editus Ensamble. Cantares del subdesarrollo (Sony, 2003).

Coa Spanish Harlem Orchestra Across 110th Street (Red Ink, 2004).

Recompilacións Bohemio y poeta (Fania, 1979). Live'' (Elektra, 1990).

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Rubén Blades Rubén Blades en All Music Guide Rubén Blades en IMDb

Categoría:Personalidades da salsa Categoría:Nados en Panamá Categoría:Nados en 1948 Categoría:Cantautores