Saku (佐久市, さくし, Saku-shi) é un concello da prefectura de Nagano no Xapón. Está situado na rexión de Kōshin'etsu, no centro-leste da rexión de Chūbu e ó leste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 423,99 km², a poboación é de 99.868 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 236 h/km².

O concello de Saku limita cos concellos de Karuizawa, Miyota, Komoro, Tōmi, Tateshina, Chino, Sakuho (que son da prefectura de Nagano); Shimonita e Nanmoku (que son da prefectura de Gunma).

Cidades irmandadas Avallon, Yonne, Borgoña, Francia (1976).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Saku .

Categoría:Prefectura de Nagano Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón