Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu ou Taumatawhakatangihangakoauauotamateapokaiwhenuakitanatahu (abreviado coloquialmente en Taumata) é un outeiro de Nova Zelandia de 305 metros, situado preto da aldea de Porangahau, ao sur da Baía de Hawke.

Toponimia A tradución do topónimo maorí, un dos máis longos do mundo, é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.

Na cultura popular Ten o récord Guinness como o topónimo en uso máis longo do mundo, con 85 letras.

Os carteis co seu nome convertéronse en atracción turística e viralizáronse con xente a mostrar o cartel ou bailar diante de mentres soa un fragmento da canción de 2018 "Open road" de Ra Costelloe.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Artigos insólitos Ligazóns externas Cartel de localización de Taumata

Categoría:Xeografía de Nova Zelandia