A antofilita é un mineral anfíbolo,Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21. un silicato de ferro e magnesio que se atopa en rochas metamórficas.

Describiuse por primeira vez en 1801.Schumacher,C.F.(1801): Versuch eines verzeichnisses der in den Dänisch-Nordischen Staaten sich findenden einfachen Mineralien. Kopenhagen, p.96 Tamén pode ser denominado antogramita.

É un mineral polimorfo coa cummingtonita, coa súa mesma fórmula química, mais cun sistema cristalino monoclínico.

Ambiente de formación A antofilita prodúcese comunmente por metamorfismo rexional de rochas ultrabásicas,Veblen, D.R. (1980) Anthophyllite asbestos: microstructure, intergrown sheet silicates, and mechanism of fiber formation. American Mineralogist: 65: 1075-1086. normalmente como mineral secundario por alteración do olivino. É frecuente polo tanto en gneises e xistos cristalinos ricos en magnesio, así como tamén pode aparecer en rochas sedimentarias ricas en magnesio como son as dolomías.

Minerais normalmente asociados son o talco, cordierita e flogopita.

Localización e uso É un mineral común nos xistos de Kongsberg (Noruega), nos do sur de Groenlandia e nos de Pensilvania (EUA).

Ás veces preséntase en formas fibrosas que poden ser usadas como asbesto na industria, con moitos usos a pesar do seu potencial perigo para a saúde. Normalmente úsanse outros asbestos menos malsáns, mais o de antofilita é o mellor como cemento refractario.

Aínda que os exemplares de antofilita illados e grandes son moi estraños, os agregados en xeoda deste mineral son moi apreciados por coleccionistas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos sobre localización de antofilita Sitio web con datos de antofilita Galería de minerais con información de antofilita Mineral Data Publishing, 2001 PDF Galería de imaxes de antofilita Galería de imaxes de antofilita

Categoría:Minerais