Fala Ceibe, tamén coñecida coma Fala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións da Xunta de Castela e LeónNon consta no Rexistro de Asociacións da Xunta de Castela e León) que promove o uso e a defensa da lingua e culturas galega no Bierzo. Ten a súa sede en Ponferrada.
Ideario
A asociación afirma que boa parte do Bierzo, o coñecido como Bierzo Oeste, é galego-falante, cifrando en 40.000 as persoas que falan galego de forma cotiá no Bierzo e na comarca zamorana de Seabra aínda que Bieito Lobeira, político do BNG, fala desa mesma cantidade só para o Bierzo.Noticia no Bierzo Digital
Protagonizou numerosas iniciativas nas que afirman defender o dereito ao ensino do galego nas escolas públicas do Bierzo nas que o alumnado así o demande.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua galega Galiza irredenta
Ligazóns externas Blog de Fala Ceibe
Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Asociacións culturais