Kitanagoya (北名古屋市, きたなごやし, Kitanagoya-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 18,37 km², a poboación de 80.747 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 4.400 h/km².

O concello de Kitanagoya limita cos concellos de Haruhi, Ichinomiya, Iwakura, Komaki, Toyoyama e Nagoya.

Historia A cidade de Kitanagoya foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas do distrito de Nishikasugai (Shikatsu e Nishiharu) no ano 2006.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kitanagoya . Sitio web oficial da cidade de Kitanagoya .

Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón