A Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (en inglés:International Union of Geological Sciences ou IUGS) é unha organización privada internacional dedicada á cooperación no eido da xeoloxía. A IUGS fundouse en 1961 e é un membro do Consello Internacional para a Ciencia, órgano de coordinación para a organización internacional da ciencia. Actualmente, os xeólogos de 117 países están representados a través das organizacións nacionais e rexionais. A IUGS promove e alenta o estudo de problemas xeolóxicos, en especial aqueles de importancia global.
A Secretaría da Unión atópase actualmente no Servizo Xeolóxico de Noruega (UNG) en Trondheim, Noruega.
Comisións
Comisión para a xestión e uso da información xeocientífica (Commission on the Management & Application of Geoscience Information, CGI) Comisión para a educación, aprendizaxe e transferencia tecnolóxica (Commission on Education, Training and Tech Transfer, COGE) Xeociencias en Xestión Ambiental (Geoscience in Environmental Management, GEM) Comisión Internacional sobre Estratigrafía (International Commission on Stratigraphy, ICS) Comisión Internacional de Historia das Ciencias Xeolóxicas (International Commission on the History of Geological Sciences, INHIGEO)
Ligazóns externas International Union of Geological Sciences Website International Council for Science Website International Year of Planet Earth Website Episodes Website Permanent Secretariat Website International Geoscience Programme Website
Categoría:Xeoloxía Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Organizacións científicas