O río Solimões é un río do Brasil, duns 1700 km de lonxitude, cuxo curso transcorre enteiramente polo estado de Amazonas, que aínda que comeza no Perú, toma o seu nome ao pasar a tripla fronteira do Brasil-Colombia-Perú, en Tabatinga. Percorre as cidades de São Paulo de Olivença, Amaturá, Santo Antônio do Içá, Tonantins, Jutaí, Fonte Boa, Tefé, Coari, Codajás, Anamã, Anorí, Manacapuru, até chegar a preto de Manaus, onde se encontra co río Negro, recibindo despois o nome de río Amazonas. Este punto de encontro, no que os ríos se xunta sen mazclarse, coñécese como Encontro das Augas.
Orixe do nome O río Solimões recibe este nome debido aos pobos que habitaron as súas marxes, descritos polos cronistas españois e portugueses no século XVI. Nas marxes do río, entre os actuais municipios de Coari e Anamã, estaban as tribos do YurimáguasO padre Samuel Fritz foi o responsábel de catequización dos Yurimáguas no século XVI. Estes pobos recibiron diversos nomes ao longo dos séculos e diferentes cronistas chamáronos de distinto xeito: JorimanRelatos de Laureano de La Cruz en 1653, SorimõesRelatos de Maurício de Heriarte en 1662 e Sorimão Relatos de Sampaio en 1775.
As derivacións de Sorimão, Sorimões e Solimões veñen do latín Solimum, en referencia ao veleno utilizado nas puntas das frechas e dardos daquelas tribos, que era unha das sociedades máis belicosas do territorioCristobal de Acuña en 1641 describe os Yurimáguas como unha das sociedades máis belicosas daquelas augas e as súas marxes estaban densamente poboadas, dando orixe ao nome do río.
Afluentes do río Solimões
Ten como afluentes importantes pola marxe dereita o Río Javari, Jutaí,Juruá e Purus e os ríos Içá e Japurá pola marxe esquerda.
Nesta táboa están os principais afluentes do río Solimões, sendo do sentido oeste para leste, desde a cidade de Tabatinga até Manaus.
O rio Solimões e os seus afluentesFozPaís Extensión (km) Río Solimões Río Amazonas 1.700 - Río Javari Río Solimões - 1.050 - - Río Curuça Río Javari 530 - - Río Itui Río Javari 480 - Río Jandiatuba Río Solimões 500 - Río Putumayo (ou Río Içá) Río Solimões - - - 1.610 - - Río Igara Paraná Río Putumayo 430 - Río Jutaí Río Solimões 1.050 - - Río Zinho Río Jutai 430 - - Río Bia Río Jutai 470 - - Río Mutum Río Jutai 320 - Río Juruá Río Solimões - 3.100 - - Río Gregório Río Juruá 350 - Río Caqueta-Japurá Río Solimões - 2.820 - - Río Apaporis Río Caquetá - O río Apaporis non corre polo Brasil, mais no seu curso baixo forma unha fronteira natural, de menos de 50 km, entre Colombia e Brasil. 770 - - Río Cahuinari Río Caquetá 400 - - Río Yarí Río Caquetá 530 - - Río Caguan Río Caquetá 470 - Río Tefé Río Solimões 450 - Lago de Coari Río Solimões (d) 530 - Río Badajós Río Solimões 220 - Río Purus Río Solimões - 3.379 - - Río Ipixuna Río Purus 370 - - Río Tapauá Río Purus 640 - - Río Mucuim Río Purus 350 - - Río Ituxi Río Purus 640 - - Río Sepatini Río Purus - - - Río Pauini Río Purus 450 - - Río Acre Río Purus 680 - - Río Iaco Río Purus - 480 - - Río Chandless Río Purus - 370 - Río Manacapuru Río Solimões 171
Notas
Solimoes Solimoes