Remedios Fernández Romero, coñecida literariamente como Medos Romero, nada en Somede (As Pontes de García Rodríguez) o 21 de outubro de 1959, é unha escritora galega.

Traxectoria Diplomada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como enfermeira nas Pontes de García Rodríguez e na Residencia “Arquitecto Marcide” de Ferrol. Reside en Lourido (Valdoviño). Ten colaborado en diversas revistas, como A Xanela e Festa da Palabra Silenciada.

Comezou a escribir tardiamente, con 37 anos cumpridos, despois de experiencias moi gozosas no mundo da aldea. Foi unha das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90 aínda que o fixo por data de produción, xa que a súa obra comezou a publicarse nos anos clave do boom da poesía escrita por mulleres.

Obra Poesía Rendéome no tempo (1998). edición da autora, Pontedeume. Ámome en por min (1999). Espiral Maior. O peso da derrota (2000). Espiral Maior. Lenzo das madrugadas (2003). Follas Novas. O pozo da ferida (2006). Deputación da Coruña. A seitura dos tristes (2006). Follas Novas. Do corpo e a súa ausencia (2010). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. A ansia do lóstrego (2012). Follas Novas. Hortensia (2020). Medulia. 42 páxs. O sol era Ela (2021). Arte de trobar. Editorial. Xunta de Galicia & Centro Pen& Afudación. ISBN 978-84-09-35480-1. As flores do baleiro (2024). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-1176-339-4.

Narrativa Dubido se matei a Lena (2000). Ed. Xerais. 72 páxs. ISBN 9788483025864. O trevo da sorte (2003). Baía Edicións. 116 páxs. ISBN 978-84-96128-45-3.

Obras colectivas Narradoras (2000). Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra( 2003). Espiral Maior. Dez anos de poesía nas Pontes (2013). Galebook. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico).

Premios Premio de poesía Miguel González Garcés no 2006, por O pozo da ferida. XIX Premio de poesía Afundación no 2021, por O Sol era ela. Premio da Crítica de poesía galega no 2022, por O Sol era Ela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeo Por que comecei a escribir? Blog A Xanela Verde

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de literatura erótica