Shisō (宍粟市, しそうし, Shisō-shi) é un concello da prefectura de Hyōgo no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kinki e ao oeste da prefectura, na zona oeste da provincia histórica da Harima. A súa superficie é de 658,60 km² a poboación é de 41.509 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 63 h/km².

O concello de Shisō limita cos concellos de Sayō, Tatsuno, Himeji, Kamikawa, Asago, Yabu (que son da prefectura de Hyōgo); de Mimasaka, Nishiawakura (que son da prefectura de Okayama); e Wakasa (este último é da prefectura de Tottori).

Historia A cidade de Shisō foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Shisō (Yamasaki, Ichinomiya, Haga e Chikusa) no ano 2005.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shisō .

Shiso Shiso